07 agosto 2015

MOCIÓN BANCO DE LIBROS


O PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO

O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte:
MOCIÓN


No ano 2009 tan sólo dous meses despois da chegada de Alberto Núñez Feijóo á presidencia da Xunta cambiou o modelo de préstamo de libros de texto. O novo texto, apodado ”gratuidade solidaria”, consistía en que todo o alumnado tiña que volver comprar os libros e unha parte recibiría unha axuda económica parcial para a adquisición.
A razón primordial coa que se excusaba Feijóo era o suposto aforro que se produciría no cambio de modelo, en cambio, ésto non foi así; posto que a pesares das excelencias auguradas dende a Administración, cando o sistema de axudas parciais estaba completamente implantado deixou de ser máis barato que o préstamo universal do bipartito. Mentras sindicatos, ANPAS, oposición parlamentaria e incluso UNICEF reclamaban a volta á gratuidade real, a Xunta comezou a reducir o alumnado que se podía beneficiar das axudas parciais. Pese ao recorte, tivo que recurrir en varias ocasións a ampliacións de crédito de crédito para poder atender a todas as demandas de subsidios.
Neste contexto, as asociacións de pais e nais, concellos e direccións de centros educativos comezaron a organizar bancos de libros solidarios e iniciativas semellantes para paliar o recorte imposto pola Xunta.
Fai uns meses parece que a Consellería empezou a recuar sobre esta media e agora promulga unha Orde que regula o novo “fondo solidario” de libros escolares, que no período 2015-2016 substituirá en catro cursos o modelo de axudas parciais por un sistema de préstamo no que as familias con rentas baixas teñan prioridade.
En cambio, ás asociacións de nais e pais de alumnos non lles gusta o novo modelo de banco de libros “imposto” pola Xunta, impulsando manifestacións en diversas localidades galegas, como parte dunha campaña realizada pola Confederación de ANPAS Galegas.
O banco impulsado pola Consellería non garantiza que todos os alumnos teñan libros de texto e provoca situacións de diferenciación visible entre os estudantes, dado que se nutrirá dos libros comprados con cheque escolar que se devolvan de cursos anteriores e aínda non conta con unha provisión de efectivos.
Ademáis, négase material educativo aos alumnos con necesidades especiais e sobrecargará de traballo ás direccións dos centros, que terán que asumir a xestión do sistema e o reparto de libros.

Por todo elo, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte.



ACORDO:

  1. Instar á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a replantear a nova Orde, modificando todos os aspectos que crean unha diferenciación entre o alumnado, implantando de novo un modelo universal de préstamo de libros.


En Meaño, 4 de agosto de 2015



Asdo: Icía García Fernández
Voceira do PSdeG-PSOE


SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO

No hay comentarios:

Publicar un comentario