31 julio 2015

ENCONTRO DO VIÑO DE AUTOR.


OS SOCIALISTAS DE MEAÑO ACUDIRON AOS PARLAMENTARIOS GALEGOS PARA AXUDAR AO VIÑO DE AUTOR


Grazas á presión socialista, a Consellería do Medio Rural e do Mar podría facerse cargo dos gastos do aluguer da carpa.


Meaño, 31 de xullo de 2015


Por todos é xa sabido que este ano a Consellería de Medio Rural e do Mar denegoulles a subvención que, ao longo dos 17 anos de celebración do Encontro Viño de Autor de Meaño veu recibindo esta festa. Axuda económica que oscilaba entre os 10.000 e os 12.000€ e que tanto impulso dou a esta festa.


En cambio, o que moitos non saben é que os socialistas de Meaño, meses antes da celebración da festa acudiron aos seus compañeiros do Parlamento Galego para recabar información e preguntarlle á Consellería de Medio Rural e do Mar pola denegación desta subvención ao colectivo bodegueiro meañés.


O encargado de presentar este requerimento dos socialistas meañeses foi Pablo García, moi ligado ao sector vinícola e con grandes amizades en Meaño.


O pasado sábado, ante a invitación da propia Icía García e do presidente da Asociación de Bodegueiros, Paco Dovalo, Pablo García visitou o XVIII Encontro Viño de Autor con parte da agrupación socialista meañesa.


Polo pronto, según informacións da Asociación de Bodegueiros, a Consellería de Medio Rural e do Mar, grazas á presión mantida polos socialistas, comprometeuse a correr cos gastos do aluguer da carpa.


Nos próximos meses esperan obter máis respostas da Consellería do Medio Rural e do Mar.


Grupo Munipal Socialista
PSdeG-PSOE Meaño

No hay comentarios:

Publicar un comentario