OS SOCIALISTAS DE MEAÑO PIDEN INFORMACIÓN Á ALCALDESA UCHA
Icía García solicita informe sobre a forma de financiación do Comedor Escolar do CEIP Coirón-Dena
Meaño, 8 de xullo de 2015
O pasado luns, 6 de xullo, o Partido Socialista de Meaño presentou no rexistro do Concello de Meaño tres peticións de información.
A raíz dos rumores que se produxeron o fin de semana pasado sobre a inspección de traballo no campamento da Escola Musical de Meaño e, concretamente, sobre os rumores da existencia de traballadores municipais sen contrato, e facéndose eco das sucesivas queixas de varios empregados eventuais do Concello sobre as extralimiticacións de horarios e xornadas laborais, os socialistas pediron un informe á Secretaría de Intervención sobre o sistema de contratación impartido polo Concello de Meaño, así como unha explicación escrita por parte da Alcaldía sobre o sucedido no Campamento Musical en Marín.
A segunda petición realizada polos socialistas básase na reclamación dun veciño que denuncia unha irregularidade urbanística. Tras máis de un ano presentando denuncias ante o Concello sobre unha obra que, según informe dos técnicos municipais, non se axusta á legalidade urbanística vixente na zona, non obtendo resposta por parte da Alcaldía.
Os socialistas solicitaronlle á alcaldesa Ucha explicación escrita sobre o motivo polo cal non se lle respondeu á denuncia deste veciño, así como informe das medidas que se tomaron dende a data da primeira enuncia (febreiro do 2014) ata o día de hoxe.
E por último, e non menos importante, os socialistas de Meaño, a través da súa portavoz Icía García, tras a noticia publicada nun medio de comunicación sobre
a licitación do cátering para o comedor do CEIP Coirón-Dena por 21.300€, solicitaronlle un informe á Secretaría de Intervención do Concello de Meaño sobre a forma de financiar o comedor escolar, posto que o Concello se ten beneficiado dun Convenio de colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univeristaria.
O partido socialista reclamalle ao concello informe sobre as subvencións recibidas, ingresos e gastos do Comedor escolar do CEIP Coirón-Dena.
Nos próximos días esperan recibir toda a documentación solicitada.
Grupo Munipal Socialista
PSdeG-PSOE Meaño
No hay comentarios:
Publicar un comentario