OS SOCIALISTAS DE MEAÑO TACHAN DE INACEPTABLE O SOLDO DA ALCALDESA LOURDES UCHA
A alcaldesa Ucha non entende a razóns
Meaño, 1 de xullo de 2015
O pasado martes 30 de xuño tivo lugar o primeiro pleno da lexislatura 2015-2019 do Concello de Meaño; pleno dedicado á composición das distintas áreas do concello.
O punto álxido da xornada, que durou máis de 1 hora, xurdeu no punto 8 da Orde do día, no cal se trataba os cargos con dedicación, o réxime de dedicación e a retribución.
A bancada popular propuxo unha única dedicación, sendo a da alcaldesa, cun importe anual de 43.000€.
Dende o grupo socialista expúxose unha comparativa dos soldos dos alcaldes dos concellos veciños, xunto co número de habitantes de cada concello. Como exemplo, os socialistas nombraron, entro outros a:
- Gonzalo Pita.- Sanxenxo, 17.543 habitantes → 38.000€/ano
- José Cacabelos.- O Grove, 10.851 habitantes→ 43.000€/ano
- Fátima Abal.- Cambados, 13.399 habitantes→ 40.000€/ano
- Alberto Varela.- Vilagarcía de Arousa, 37.712 habitantes→ 51.000€/ano
Para os socialistas é inaceptable o soldo que se autoimpón a alcladesa Ucha. Analizaron os soldos dos alcaldes veciños e expuxéronlle á alcaldesa Lourdes Ucha que era totalmente inadecuado que percibise o mesmo soldo que o alcalde de O Grove, José Cacabelos, cando ésta ten que gobernar nun concello que é a metade que O Grove; cobra o mesmo por menos poboación e menos responsabilidade.
Se este punto trouxo debate ao pleno, o punto que máis críticas desatou na oposición foi a contratación dunha asesora persoal para a alcaldesa.
Ante as preguntas realizadas polos socialistas, a alcladesa Ucha non supo explicar o motivo polo cal decidira contratar a unha asesora. Cando a portavoz socialista, Icía García, lle preguntou para qué funcións necesitaba asesoramento
se a secretaria de intervención xa lle prestaba asesoramento xurídico, ésta non supo contestar; limitándose a decir que a asesoraría “no que xurdira”.
Cando a alcaldesa Ucha revelou o nome da asesora creouse estupefacción na oposición, posto que a nova asesora sería a número 8 da lista electoral popular, Pilar González Dopazo,persoa que non conseguiu entrar na corporación municipal nas pasadas eleccións.
Os socialistas tacharon a decisión como un pago de favores, pois esta persoa cobrará 1.000€ ao mes por traballar menos de 4 horas ao día.
A alcladesa Ucha quedou impasible ante as críticas da oposición, votando a favor tanto do seu soldo, como a contratación da asesora persoal.
Grupo Munipal Socialista
PSdeG-PSOE Meaño
No hay comentarios:
Publicar un comentario