25 agosto 2017

Contrato Laboral Temporal de Limpiador,-a Encargado,-a no Concello de Meaño.


O Concello de Meaño vai formar unha bolsa de emprego, mediante contrato laboral temporal, para cubrir unha praza de limpiador,-a encargado,-a.

A selección farase a través dun concurso-oposición.

O período de presentación de instancias será de 10 días naturais, desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Esto foi o venres 18 de agosoto.

Entre outros requisitos, os candidatos serán maiores de 16 anos; cunha titulación de Certificado de Escolaridade ou equivalente; e carnet de conducir tipo B. Ademais, pagarán 5 euros de taxas para participar no concurso-oposición.

A fase de oposición constará de 2 exercicios:
- Cuestionario tipo test, de 25 preguntas con respostas alternativas, obrigatorio e eliminatorio.
- 3 traballos de limpeza, con posibilidade de romulación de preguntas, obrigatorio e eliminatorio.
- Ademais, os aspirantes que non acrediten ter o CELGA 1 ou o seu equivalente, terán que realizar un terceiro exercicio, obrigatorio, sobre o coñecemento do idioma galego.

Podedes ver toda a información ampliada, o temario e máis a valoración dos méritos, en canto a formación profesional e experiencia profesional no seguinte enlace.

Oferta de Emprego Público no Concello de Meaño.


O Concello de Meaño vén de anunciar a súa oferta dunha praza de Técnico Medio de Xestión Administrativa, de oposición libre, e outra praza de Administrativo, de promoción interna.

Aquí podedes ver o anuncio o Boletín Oficial da Provincia.

Plan de venres.


-Hoxe, 25 de agosto, tedes onde escoller,
 Ás 20:00 horas, na Capela de San Benito en Lores, dará un concerto a Coral Polifónica de San Miguel de Lores, xunto con Goretti Domínguez, pianista de Lores, e os cantantes Laura Mosquera e Raimonds Pocs.

E, ás 22:00 horas, na Capela das Angustias, actuará Faltriqueira.
Foto de Pilar Gonzalez Dopazo.

18 agosto 2017

Para pasar unha fin de semana entretida en Meaño...


-O sábado 19, ás 19:00 horas, no campo de As Cachizas de Dena, xogarase un triangular entre o Ribadumia B, o Cerponzóns e o Unión Dena.

 E ás 21:00 horas, nos Muíños de Lores, a Banda Unión Musical de Meaño dará un concerto chamado "Cantaxogos", cun cantante infantil.
Foto de Pilar Gonzalez Dopazo.


- O domingo 20, ás 21:00 horas, a Banda Unión Musical de Meaño dará un concerto na Praza de Simes e, despois, continuará a verbena coas orquestas Televisión e América, S.L.
- O luns 21 tamén desfrutaremos da festa en Simes, a partir das 22:00 horas, esta vez con Fania e Palladium.


- E todos os días, agás os martes, no Pazo de Lis, en Meaño, a exposición de Francisco Pazos.

12 agosto 2017

O 14 DE AGOSTO,ÁS 8 DA TARDE,HABERÁ PLENO.


O 14 DE AGOSTO,ÁS 8 DA TARDE,HABERÁ PLENO.

  • A nosa Agrupación presenta neste Pleno:
- Unha moción sobre os animais de compañía.

Non se pode consentir que se sigan dando casos de cans abandonados que, por fame, matan ovellas ou lle morden a persoas. Ademais, das pérdas económicas, poden transmitir enfermidades graves.
Por iso, pedimos a creación dun regulamento que sirva para evitar, ademais, outras situacións de maltrato como falta de comida, de limpeza, de revisións veterinarias ou golpes.

  • Por outra parte, o luns pasado houbo reunión da Comisión de Contas e tivemos que votar...
- Sobre as axudas a Asociacións.
As súas peticións eran RAZOABLES E NECESARIAS, pero vímonos obrigados a votar EN CONTRA porque o concello non valorou o número de persoas ás que beneficia cada Asociación nin o maior gasto dunhas actividades sobre outras nin a tradición da actividade ou o maior interese cultural e artístico.
Con isto, perxudicouse a varias Asociacións. É necesario un reparto máis xusto.

  • Cos cartos da anterior Asesoría á Alcaldía, vanse liberar dúas concelleiras: Pilar González Dopazo de Dena e Milagros Pérez Gándara de Lores, que pasarán a cobrar un soldo anual.

11 agosto 2017

Esta fin de semana, en Meaño...


- Hoxe, venres 11 de agosto, podedes ser un pouco máis solidarios, acudindo ao showroom de moda, organizado por Con Emoción Complementos, onde desfrutaredes dun concerto solidario e unha degustación de albariño na Bodega Paco y Lola, en Xil.

A entrada é de balde e, parte das vendas, será a beneficio da Asociación Española Contra o Concro.
Foto de Con Emocion Complementos                 Shop Online www.conemocion.com.

















Mañá, sábado 12 de agosto, ás 19:00 horas, no Campo das Cachizas de Dena, xogará o Veteranos Dena contra o Portonovo Veteranos.

E ás 21:00 horas, da actuación de Matías Leiro e Bruno Canario, no Parque da Rúa Nova en Dena, detrás do Centro de Saúde.
Foto de Pilar Gonzalez Dopazo.

- O domingo 13 de agosto, ás 19:00 horas, no campo de fútbol de As Cachizas en Dena, xogaranse o Trofeo Prefabricados Dena  o Unión Dena C.F. e o USD O Grove.
Foto de Unión Dena C F.

E, por suposto, a desfrutar da exposición de Francisco Pazos, no Pazo de Lis en Meaño.

 Ademais, o martes 15 de agosto, ás 17 horas, a Asociación de Veciños de Simes celebra a V Olimpiada Popular.
Ás 19:00 horas, no Campo de As Cachizas de Dena, xogarán o Trofeo Construcciones Castro Bouzada o Unión Dena e o Villalonga.


E, ás 21:00 horas, na Praza de Simes, actuará o Grupo de Corda da Orquesta Galicia Fiddle.
Foto de Pilar Gonzalez Dopazo.


A DIVERTIRSE!!!

09 agosto 2017

Área Recreativa de Outeiro.

Xa quedan poucos días para que peche o prazo de presentación de ofertas para rehabilitar e humanizar a Área Recreativa  de Outeiro en Cobas.

Se a túa empresa está interesada en facer a súa oferta ou, como veciño, queres saber que é o que van a facer alí, podes velo pinchando no seguinte enlace.

Ademais, aquí podes ver o prego das cláusulas económicas económico-administrativas.


Esta é unha obra moi necesaria na parroquia de Cobas. Aledámonos de que, despois de pedilo en repetidas ocasións, e de presentar unha moción, que rexeitou o grupo de goberno, se tomen medidas para acondicionar un espazo público fundamental para o tempo de ocio.

Lástima que a obra non sexa no total da superficie, acondicionando o que un día foi un campo de fútbol, e soamente se atenda ao contorno próximo á Casa da Cultura. 
Este goberno non aprende e sempre actúa poñendo parches. Unha mágoa.

07 agosto 2017

MOCIÓN PARA O PLENO DE 14 DE AGOSTO.



AO PLENO  DO CONCELLO DE MEAÑO

O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte MOCIÓN, referida á creación dunha ordenanza para regular a tenencia e a protección de animais de compañía

O concello de Meaño presenta no seu conxunto unha zona rural e, tamén, unha zona urbana. Nelas os seus habitantes teñen animais domésticos ao seu coidado.
Como é por todos sabido, os/as propietarios/as ou posuidores/as de animais estarán obrigados/as a proporcionarlles unha alimentación suficiente e adecuada ás características de cada animal, así como a darlles a atención sanitaria pertinente. Deste xeito, as condicións do aloxamento dos mesmos deben ser óptimas e lonxe de perigos ou molestias para a veciñanza ou para outras persoas.

O Concello de Meaño non conta conta cunha ordenanza que regule a actividade destes animais e, ante a falta dunha normativa que marque esta situación, o noso concello está a sufrir, ano tras ano, a aparición de animais abandonados polos camiños ou de animais que adoitan usar os lugares públicos para facer as súas necesidades.

Por outro lado, tamén son salientables os casos de animais mortos que están a aparecer nas vías públicas. Isto é debido ás malas condicións que sufren ditos animais. Débese buscar unha regularización neste tipo de situacións para non ocasionar problemas de salubridade.

Dito isto, é necesario que se aprobe un regulamento municipal no que se especifique o seguinte:
  1. A regulación de que animais domésticos se consideran perigosos e cales non
  2. As obrigas que se deben ter cos animais domésticos
  3. Os animais abandonados
  4. A protección dos animais
  5. O coidado do entorno urbano
  6. As infraccións e sancións pertinentes
De acordo con todo o anterior, sómetese á consideración do Pleno da Corporación á aprobación seguinte;

1.      CREACIÓN DUNHA ORDENANZA PARA REGULAR A TENENCIA E A PROTECCIÓN DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA
  
En Meaño, a 7 de agosto do 2017