A Agrupación Socialista de Meaño veu demandando respostas a cuestións como cal era o estado da Estación Depuradora de Augas Residuais de Os Pasales; ou cal era a súa capacidade para recibir o caudal xerado polo futuro Polígono Industrial de Nantes (Sanxenxo), desde que se comezou a falarse desta posible conexión.
Cada vez que lle preguntamos ao grupo de goberno por este asunto, contestaron que non eran técnicos nin expertos na materia e que descoñecían as respostas ás nosas preguntas.
Sen embargo, seguiron sen facer ningunha consulta a Augas de Galicia.
A resposta chegou fai un días e podedes lela
aquí.
O informe de Augas de Galicia é desfavorable.
A EDAR non é quen de recibir un caudal tan elevado como o do polígono citado.
En publicacións posteriores, afírmase que a EDAR está saturada e o bombeo non podería co aumento do caudal.
Estaría ben saber como espera que se faga.
Cunha nova estación de bombeo? Cunha nova EDAR? Desconectando da rede aos veciños de Meaño? Ou espera que o milagre veña do seu partido político? Obrigarán a Augas de Galicia a rectificar? Despois de todo, os únicos perxudicados serían os veciños de Meaño e Meaño non é máis que un concello pequeno.
Todo apunta a que esta última é a mellor
opción.
Un barón do partido de goberno na Xunta afirma categoricamente, o polígono conéctase a Meaño, si ou si...e a nosa alcaldesa permanece en silencio, confiando en que a situación se reconduza... perxudicando aos nosos veciños? Antepoñendo intereses privados? A risco de multas posteriores de Augas de Galicia por verquidos? Sen ter en conta a saúde dos veciños?
Cantas preguntas sen resposta. Confía, en que? en milagres do seu partido? na Galicia do caciquismo?
E, para finalizar a historia, a quen deciden todos acusar co dedo, coa complicidade de quen nos goberna? A
Meaño principalmente, aínda que tres concellos verten nesta EDAR.
Din que vertemos pluviais e a Alcaldía non resposta!!!
Claro, que algún partido da oposición tamén o afirma, sen que a Alcaldía lle resposte. De onde sacan esas afirmacións? Que datos manexan? Ou é que durante pasadas lexislaturas, cando gobernaban outros, se cometeron irregularidades ou se pagaron favores? Houbo tamén cacicadas?
Cantas das nosas pluviais acaban na EDAR?
Soamente o 20% aproximadamente das nosas augas pluviais acaban na EDAR.
Con esa cantidade satúrase a estación?
NON!!!
Que conecta realmente Sanxenxo a EDAR? Ou Cambados? Alguén o sabe? Alguén o comprobou?
Máis interrogantes sen resposta.
BASTA XA DE ASOBALLAR AO PEQUENO!!!