17 febrero 2017

Sobre o Pleno.


DO QUE SE FALOU NO PLENO 
DO 13 DE FEBREIRO…


A nosa Agrupación presentou neste Pleno:

-A moción sobre a contratación pública. Pretendemos que se marquen uns criterios comúns á hora de contratar a empresas e persoal laboral. Queremos que se dea prioridade a colectivos como mulleres maltratadas, persoas con discapacidades, persoas en risco de exclusión social polas rendas baixas,…

¡Basta xa de contratación á oferta máis baixa! Isto provoca que se presenten empresas que non coñecen as obras, as peculiaridades do concello, que non respectan as medidas de seguridade, do mantemento de condicións laborais precarias e da contratación de persoas pluriempregadas, mentres outros están na casa sen traballo nin recursos. ¿Que pasa ao final? Que as empresas se ven obrigadas a parar a obra ou, directamente, renunciar a ela como no caso do pavillón de Xil.


Por outra banda, tamén tivemos que votar… 

-A mellora do campo de fútbol da Toxa e a alegación contra o presuposto municipal. En canto ao campo de fútbol, despois de tantos remendos, houbo que votar EN CONTRA para parar este despropósito que, cada día que pasa, nos costa máis cartos aos veciños. 

-Este foi o presuposto da polémica! O noso equipo rexeitouno desde un principio e, agora, os Policías Municipais,  presentando unha alegación contra el, demostran o que nós levamos dicindo: UN PRESUPOSTO CHAPUCEIRO. 

Este Pleno, unha vez máis, serviu para maquillar o traballo mal feito da Alcaldía, remendando erros como o proxecto grandioso do campo de fútbol de Meaño ou os presupostos municipais, onde hai lagoas en certas partidas como en Educación ou Servizos Sociais.


A moción que presentamos é unha BOA PROPOSTA como se ve no feito de que a Alcaldía vai aplicar os nosos criterios á hora de facer contratacións. Coma sempre, abríndolle os ollos ao Grupo de Goberno, aínda que a rexeiten por ser da Agrupación Socialista de Meaño!

No hay comentarios:

Publicar un comentario