- A nosa Agrupación presentou neste Pleno:
-A
moción sobre a contratación pública.
Pretendemos que se marquen uns criterios comúns á hora de contratar
a empresas e persoal laboral. Queremos que se dea prioridade a
colectivos como mulleres maltratadas, persoas con discapacidades,
persoas en risco de exclusión social polas rendas baixas,…
¡Basta
xa de contratación á oferta máis baixa! Isto provoca que se
presenten empresas que non coñecen as obras, as peculiaridades do
concello, que non respectan as medidas de seguridade, do mantemento
de condicións laborais precarias e da contratación de persoas
pluriempregadas, mentres outros están na casa sen traballo nin
recursos. ¿Que pasa ao final? Que as empresas se ven obrigadas a
parar a obra ou, directamente, renunciar a ela como no caso do
pavillón de Xil.
- Por outra banda, tamén tivemos que votar…
-A
mellora do campo de fútbol da Toxa e a alegación contra o
presuposto municipal.
En canto ao campo de fútbol, despois de tantos remendos, houbo que
votar EN
CONTRA
para parar este despropósito que, cada día que pasa, nos costa máis
cartos aos veciños.
-Este
foi o presuposto da polémica! O noso equipo rexeitouno desde un
principio e, agora, os Policías Municipais, presentando unha
alegación contra el, demostran o que nós levamos dicindo: UN
PRESUPOSTO CHAPUCEIRO.
- Este Pleno, unha vez máis, serviu para maquillar o traballo mal feito da Alcaldía, remendando erros como o proxecto grandioso do campo de fútbol de Meaño ou os presupostos municipais, onde hai lagoas en certas partidas como en Educación ou Servizos Sociais.
A
moción que presentamos é unha BOA
PROPOSTA
como se ve no feito de que a Alcaldía vai aplicar os nosos criterios
á hora de facer contratacións. Coma sempre, abríndolle os ollos ao
Grupo de Goberno, aínda que a rexeiten por ser da Agrupación
Socialista de Meaño!
No hay comentarios:
Publicar un comentario