08 enero 2017

Pleno Extraordinario.


ALGUNHAS DAS NOSAS IDEAS NOS PRESUPOSTOS DE 2017


Na partida para a Emerxencia Social: non houbo cambios a pesar que no Pleno de decembro de 2015 presentamos unha moción para o aumento e incorporación de novos produtos no Paquete Básico de Alimentos para as familias necesitadas, como por exemplo incluír mais leite xa que no aporte actual non chega para todo o mes. 
Tamén se insistiu na necesidade de que esas familias sexan formadas mediante programas educacionais.
Na partida para Axudas de Material Escolar: seguen a ser necesarias unhas axudas escolares xustas para todos. O grupo de goberno obrigou a cumprir unhas condicións moi duras para as familias con nenos pequenos e adolescentes. Por exemplo: aparte da vivenda familiar non ter outros bens inmobles. A cales se refiren? Aos piornos, aos galpóns, aos galiñeiros,…? Ademais, insistimos que se inclúa aos estudantes universitarios.

Na partida de ingresos: o Concello recibirá unha axuda para o comedor escolar de 12.000€ e ingresará pola taxa pública 13.000€. En cambio, no servizo de cátering gasta 20.000€. Síguenos parecendo excesiva a taxa do comedor.


NAS OBRAS:  
-En Cobas, na partida para a Área recreativa do Outeiro. No Pleno de febreiro de 2016 presentamos unha moción pedindo a humanización (farolas, bancos, balaustradas,…) desta zona.

-En Dena, na partida de Mantemento e Saneamento: No Pleno de outubro de 2016 preguntamos polos vertidos ao río Chanca, en Abuín, onde se xuntan os residuos de Meaño, Lores, Simes e unha parte de Nantes (Sanxenxo). ¿solucionarase esta vez ou seguirase pagando multas ao Seprona?

-En Lores, na partida de Reposición de Lavadoiros e Fontes: pedimos, de maneira reiterada, a restitución da pedra da fonte de Galiñáns, apoiando a solicitude dos veciños.

-En Meaño, a subida ao centro de saúde, ao centro polivalente e ao CEIP As Covas: a pesar de que no Pleno de agosto de 2016 presentamos unha moción solicitando a mellora do acceso non se creou unha partida concreta. ¿Será que hai poucos usuarios?

-En Padrenda, na partida de “Mellora de Camiños”, na que se inclúe A Barroca: no pleno de decembro de 2015 propuxemos unha moción para a ampliación deste vial e mellorar a circulación dos vehículos.

-En Simes, na partida “Mellora e reposición dos Parques Infantís”: esperamos que se atenda a petición dos veciños, da que nos fixemos eco, en diferentes Plenos.

-En Xil, na partida “Reforma do pontón de Ganón”: no Pleno de decembro de 2015 solicitamos cunha moción que se solucionasen os problemas na estrutura da ponte.


AS NOSAS RAZÓNS POLAS QUE VOTAMOS…

EN CONTRA 

 Un presuposto aprobado unicamente polo VOTO DE CALIDADE da Alcaldía, que non foi negociado nin consensuado coa oposición. 

Onde se aproban dietas, que, en palabras da alcaldesa, son "se se necesita unha comida con alguén por algo concreto" (a saber o que significa iso), e desprazamentos (pareceralle pouco o que cobra); onde se aproban partidas para novos miradores, cando os existentes están descoidados e en malas condicións; onde as partidas aparecen pouco detalladas e a Alcaldía non é quen de explicar claramente para que se van destinar; cando se fala de pontes, sen saber que neses lugares hai máis dunha...

Pero, que clase de goberno temos? Quen nos goberna en realidade?

 Todo isto, dá para pensar...

No hay comentarios:

Publicar un comentario