Meaño,
a 29 de decembro de 2016
NOTA
DE PRENSA
A
AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE MEAÑO E MEAÑO INDEPENDENTE REXEITAN AS
FORMAS DO GRUPO DE GOBERNO
José
Manuel Asperez e Icía García, voceiros de ambas agrupacións,
expresan o seu malestar coa alcaldesa Lourdes Ucha pola demora na
entrega da documentación sobre os presupostos para o ano 2017.
Hoxe,
xoves 29 de decembro, ás 20:00 horas celébrase na Casa do Concello
de Meaño o pleno para a aprobación dos presupostos do vindeiro ano.
Os
concelleiros recibiron a convocatoria para este pleno o día 26 de
decembro ao longo da tarde, podendo acudir a analizar a documentación
unicamente o martes, mércores e xoves en horario de mañá.
Se
ben enviaron a documentación a través de correo electrónico, esta
non estaba completa, faltando, por exemplo, a relación de postos de
traballo e o informe de Intervención, entre outros.
“Este
tempo é insuficiente dado a importancia que ten esta información”,
segundo José Manuel Asperez. Ademais, “hai concelleiros aos que o
seu horario laboral lle coincide co horario de atención do
concello”, conclúe Icía García.
Ambos
voceiros consideran que debería haber máis diálogo por parte do
grupo de goberno e que estes deberían ser un presupostos
consensuados coa oposición.
.
Sandra
Martínez Muñiz Cristina Castro Pintos
Responsable
de Prensa Responsable de Prensa
Tlfno.
686 815132 Tlfno. 625 53 43 66
psoe.meano@gmail.com facebook.com/meanoindependiente
facebook.com/psoe.meano
No hay comentarios:
Publicar un comentario