03 septiembre 2016

Últimas prazas na Escola de Música.



Recordade que do día 1 ao 7 de setembro, ábrese o prazo de matrícula, para alumnado novo, na Escola Municipal de Música, para as especialidades nas que existen prazas vacantes, que son as que seguen:

- Música e movemento I (para os nacidos no ano 2013): 10 prazas.

- Música e movemento II (para os nacidos no ano 2012): 2 prazas.

- Inicio linguaxe musical I (para os nacidos no ano 2010): 7 prazas.

- Inicio linguaxe musical II (para os nacidos no ano 2009): 2 prazas.

- Linguaxe musical (1º curso): 2 prazas.

- Linguaxe musical (outros cursos): 6 prazas.

- Harmonía e análise: 8 prazas.

- Frauta: 1 praza.

- Oboe: 1 praza.

- Saxofón: 1 praza.

- Fagot: 1 praza.

- Clarinete: 2 prazas.

- Trompeta: 3 prazas.

-Trompa: 2 prazas.

- Viloncello: 1 praza.

- Piano: 1 praza.

- Piano Complementario: 9 prazas.


- Os criterios para adxudicar as prazas vacantes serán:
1. Empadroados do Concello de Meaño, por orde de entrada da solicitude no Rexistro do propio concello.
2. Ter un irmán xa matriculado nesta escola para o curso 2016-2017.
3. As demais solicitudes presentadas, por orde de entrada no Rexistro do Concello de Meaño.

As listas de admitidos publicaranse na páxina web do Concello de Meaño e no taboleiro de anuncios da entrada da Casa do Concello.
Os non admitidos pasarán á lista de reserva, por se se producise algunha baixa no primeiro trimestre.


O alumnado que pretenda optar a un segundo instrumento ou realizar un cambio de instrumento, poderá facelo unha vez finalizado o prazo de matrícula, sempre e cando  queden prazas vacantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario