12 septiembre 2016

Nota de Prensa.




Meaño, a 11 de setembro de 2016


NOTA DE PRENSA


OS SOCIALISTAS DE MEAÑO DOAN MÁIS DE 300 ALIMENTOS.

Xulio Torrado e Óscar Serantes, das Agrupacións de Vilagarcía e Sanxenxo respectivamente, tamén quixeron participar na Carreira Popular de Meaño.


Tras facer unha colecta entre os membros, simpatizantes e colaboradores da Agrupación Socialista de Meaño, entregáronse mais de 300 alimentos non perecedoiros, doados ao Programa de Emerxencia Social do Concello.

O pasado domingo 11 de setembro, celebrouse en Meaño a XXXII Carreira Popular, onde participaron os concelleiros Icía García e Manuel Radío, acompañados doutros membros da Agrupación Socialista de Meaño, así coma de membros socialistas doutros concellos próximos, tales como Xulio Torrado, número 3 na candidatura por Pontevedra do PsdeG-PSOE ou Óscar Serantes Pupín, número 19.

Este ano, esta agrupación, conseguiu superar a cantidade económica e material doada na carreira celebrada o ano pasado, en setembro de 2015.

Trátase dun pequeno xesto, co que queremos demostrar o noso compromiso coas tradicións, o deporte e a solidariedade”, en palabras de Icía García.



Agrupación Socialista de Meaño
Queremos facer máis por ti e por todos.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario