Meaño, a 8 de setembro de 2016
OS CONCELLEIROS SOCIALISTAS COMPROMETIDOS COA XXXII
CARREIRA POPULAR DE MEAÑO.
Manuel Radío e Icía García van participar en diferentes categorías da
tradicional carreira.
A Agrupación
Socialista de Meaño estará representada, o domingo 11 de setembro, polo concelleiro Manuel Radío, que competirá
no “Circuito Longo”, e pola voceira do partido Icía García, que participará na
categoría de “Andantes”.
Ademais, outros
membros da agrupación acompañarán, nesta carreira solidaria, a ambos
concelleiros.
Este será o
segundo ano que participe Manuel Radío, que se estreou no 2015. “Non pretendo
mellorar o meu tempo nin competir, senón desfrutar da experiencia e colaborar
cos Servizos Sociais”, afirma o concelleiro.
Hai que recordar,
que esta carreira é gratuíta, pero que se convida aos participantes a doar un
quilo de alimentos non perecedoiros, como xesto solidario, para o Programa de
Emerxencia Social do Concello.
“Trátase dun
pequeno xesto, co que queremos demostrar o noso compromiso coas tradicións, o
deporte e a solidariedade”, en palabras de Icía García.
Con este fin,
estase a facer unha colecta entre os membros, simpatizantes e colaboradores da
Agrupación Socialista de Meaño coa que se mercará un lote de alimentos, que se
doará antes de comezar a carreira.
Desde a
Agrupación Socialista queren recordarlle, ás persoas interesadas en participar na categoría de andantes, que
poden facelo, inscribíndose o domingo antes das 10:30 da mañá.
Agrupación Socialista de Meaño
Queremos facer máis por ti e por todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario