Meaño, a 30 de xullo de 2016
NOTA DE PRENSA
ICÍA GARCÍA E MANUEL RADÍO REXEITAN AS INVITACIÓNS DO
CONCELLO.
Os concelleiros da Agrupación Socialista de Meaño cren que aceptar as
invitacións, para a Festa dos Muíños, non sería coherente co traballo desenvolto
ao longo desta lexislatura.
O próximo domingo
31 de xullo vaise celebrar a XIV Festa dos Muíños, evento que promove o
Concello de Meaño, na Área Recreativa dos Muíños de Lores.
O Grupo de Goberno
enviou 4 invitacións aos dous concelleiros da Agrupación Socialista, como vén
facendo nos últimos anos.
Sen embargo, no
Pleno da Corporación do 11 de abril de 2016, a Alcaldía presentou unha
Ordenanza Reguladora do prezo público pola prestación de actividades lúdicas,
recreativas, culturais e formativas, que, según Icía García, “era xenérica e
ambigua, sen concretar actividades nin descontos”. No artigo 11 desta
ordenanza, inclúese como exentas de pago as invitacións que se puidesen
entregar ás autoridades.
Nese momento, os
Concelleiros Socialistas propoñen retirar a ordenanza e convocar á Comisión
Informativa Permanente de Cultura, para redactar unha nova ordenanza, na que
colaboren os tres partidos representados no Pleno.
Ante a negativa
do grupo de goberno, Icía García e Manuel Radío, decidiron non votar esta
ordenanza.
Agora, seguindo
coa a súa liña de traballo, decidiron acudir ao xantar da Festa dos Muíños,
mercando a súa entrada, “como calquera outro veciño”-en palabras de Icía
García- posto que o noso desfrute non debe saír dos impostos de todos”.
Agrupación Socialista de Meaño
Queremos facer máis por ti e por todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario