26 julio 2016

Axudas para material escolar.


Hoxe publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o anuncio da convocatoria de axudas municipais do Concello de Meaño, para mercar material escolar o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria.


O prazo para solicitalas é de 30 días hábiles, a partir de mañá.



Entre os requisitos que hai que cumprir, atópanse:
 
 - Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación infantil, primaria ou secundaria obrigatoria nun centro público durante o curso escolar 2016/2017.

- Os alumnos/as para os/as que se solicitan as axudas, estarán matriculados/as ou terán reserva de matrícula en centros docentes públicos,  de educación  infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria, situados no termo municipal de Meaño.

  - A unidade familiar de convivencia deberá estar empadroada e residir,  de modo efectivo, no municipio de Meaño.
 
  - É necesario convivir co/ca alumno/a para os que se solicitan as axudas.

  - Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.500,00 €. 

 - Non dispoñer, ningún membro da unidade familiar, de vehículo propio, cunha  potencia superior aos 15,99 cabalos fiscais e que conte cunha antiguidade inferior a 10 anos.

  - A vivenda, de ser propia, terá un valor catastral inferior a 100.000,00 €, no caso de vivenda unifamiliar, e 60.000,00 € no caso de piso.

  - Non ser titular  calquera dos membros da unidade familiar de ningún outro ben inmoble de natureza urbana distinto da vivenda familiar.



Se queredes ler todas as bases desta convocatoria, podedes facelo clicando aquí

Recordade cubrir a solicitude e os diferentes anexos. Podedes descargalos aquí.


Moita sorte a tod@s!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario