30 julio 2016

Os concelleiros tamén pagan.



Meaño, a 30 de xullo de 2016


NOTA DE PRENSA


ICÍA GARCÍA E MANUEL RADÍO REXEITAN AS INVITACIÓNS DO CONCELLO.

Os concelleiros da Agrupación Socialista de Meaño cren que aceptar as invitacións, para a Festa dos Muíños, non sería coherente co traballo desenvolto ao longo desta lexislatura.


O próximo domingo 31 de xullo vaise celebrar a XIV Festa dos Muíños, evento que promove o Concello de Meaño, na Área Recreativa dos Muíños de Lores.

O Grupo de Goberno enviou 4 invitacións aos dous concelleiros da Agrupación Socialista, como vén facendo nos últimos anos.

Sen embargo, no Pleno da Corporación do 11 de abril de 2016, a Alcaldía presentou unha Ordenanza Reguladora do prezo público pola prestación de actividades lúdicas, recreativas, culturais e formativas, que, según Icía García, “era xenérica e ambigua, sen concretar actividades nin descontos”. No artigo 11 desta ordenanza, inclúese como exentas de pago as invitacións que se puidesen entregar ás autoridades.

Nese momento, os Concelleiros Socialistas propoñen retirar a ordenanza e convocar á Comisión Informativa Permanente de Cultura, para redactar unha nova ordenanza, na que colaboren os tres partidos representados no Pleno.

Ante a negativa do grupo de goberno, Icía García e Manuel Radío, decidiron non votar esta ordenanza.

Agora, seguindo coa a súa liña de traballo, decidiron acudir ao xantar da Festa dos Muíños, mercando a súa entrada, “como calquera outro veciño”-en palabras de Icía García- posto que o noso desfrute non debe saír dos impostos de todos”.




Agrupación Socialista de Meaño
Queremos facer máis por ti e por todos.  

28 julio 2016

Sons de Verán 2016.



Durante os próximos meses, o noso concello vai desfrutar de diversas actuacións musicais e culturais, que non podedes perdervos, baixo o título de "Sons de Verán 2016".



- A primeira delas, terá lugar o próximo sábado, ás 21:00 horas, na Área Recreativa dos Muíños de Lores, a cargo da Banda Unión Musical de Meaño.


- O 2 de agosto, ás 11:30 horas, na Casa de Cultura de Meaño, a compañía Caxoto Contacontos representará a obra de teatro infantil Contos de medo que deixan durmir, dentro do programa "Cultura no Camiño" da Axencia Galega das Industrias Culturais.


- O 13 de agosto, ás 21:00 horas, na Alameda de Dena, na rúa dos Colexios, actuarán a Agrupación Folclórica Penaguda e a Banda Unión Musical de Meaño.


- O 15 de agosto, ás 21:00 horas, na Praza de Simes, é o turno dos Amigos do Acordeón Rías Baixas de Meaño.


- O 20 de agosto, ás 21:00 horas, no Parque do Centro de Saúde de Dena estará o Grupo de Corda da Orquesta Galicia Fiddle.


- O 26 de agosto, ás 22:30 horas, na Capela das Angustias, en Xil, actuará o grupo musical Los Wavy Gravies.


- O 2 de setembro, ás 21:00 horas, na Área Recreativa dos Muíños de Lores, desfrutaremos da actuación musical de Onte e Hoxe.


- O 10 de setembro, na Praza do Concello de Meaño, ás 19:00 horas, representarase a obra teatral Carapuchiña Vermella, da man da compañía Educateatro Producións, dentro do programa "Cultura no Camiño" da Axencia Galega das Industrias Culturais.
Ás 20:30 horas, na mesma praza, será o turno de Troula Animación Infantil Uxía Lambona e a Banda Molona.


- O 11 de setembro, ás 21:00 horas, na Praza do Concello de Meaño, estará a Banda Unión Musical de Meaño con María do Ceo.


Acudide a estas citas e desfrutade da cultura!!!

26 julio 2016

Actuación da BUMM en Lores.

                                                                      

 O próximo sábado 30 de xullo de 2016,ás 21:00 horas, na Área Recreativa dos Muíños de Lores, a Banda Unión Musical de Meaño vai ofrecer o espectáculo "UNHA NOITE DE AMOR CON LELA".

Non vos perdades un bo espectáculo, nun contorno máxico!!!



Axudas para material escolar.


Hoxe publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o anuncio da convocatoria de axudas municipais do Concello de Meaño, para mercar material escolar o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria.


O prazo para solicitalas é de 30 días hábiles, a partir de mañá.



Entre os requisitos que hai que cumprir, atópanse:
 
 - Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación infantil, primaria ou secundaria obrigatoria nun centro público durante o curso escolar 2016/2017.

- Os alumnos/as para os/as que se solicitan as axudas, estarán matriculados/as ou terán reserva de matrícula en centros docentes públicos,  de educación  infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria, situados no termo municipal de Meaño.

  - A unidade familiar de convivencia deberá estar empadroada e residir,  de modo efectivo, no municipio de Meaño.
 
  - É necesario convivir co/ca alumno/a para os que se solicitan as axudas.

  - Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.500,00 €. 

 - Non dispoñer, ningún membro da unidade familiar, de vehículo propio, cunha  potencia superior aos 15,99 cabalos fiscais e que conte cunha antiguidade inferior a 10 anos.

  - A vivenda, de ser propia, terá un valor catastral inferior a 100.000,00 €, no caso de vivenda unifamiliar, e 60.000,00 € no caso de piso.

  - Non ser titular  calquera dos membros da unidade familiar de ningún outro ben inmoble de natureza urbana distinto da vivenda familiar.



Se queredes ler todas as bases desta convocatoria, podedes facelo clicando aquí

Recordade cubrir a solicitude e os diferentes anexos. Podedes descargalos aquí.


Moita sorte a tod@s!!!

23 julio 2016

Comeza a Festa do Viño de Autor.



A noite pasada abreu  a Festa do Viño de Autor en Meaño.

Diversos representantes acudiron ao acto, entre os que se atopaban os nosos concelleiros, Icía García e Manuel Radío.

Tamén estivo nesta apertura Santos Héctor Rodríguez, Deputado Provincial.

Moita sorte aos adegueiros na súa festa!!!!






21 julio 2016

Curso de coctelería.



A Deputación de Pontevedra trae ao noso concello, dentro do seu Programa Depu Ruarte, un curso de Coctelería e Batidos, sen alcol.

O prazo de inscrición remata o 23 de agosto de 2016 e está dirixido a xóvenes de entre 14 e 30 anos. Se tes máis de 30 anos e estás interesado en participar, podes anotarte na lista de espera. Se non se cubren as prazas cos menores de 30, tes opcións de ser elixido.

Realizarase do 1 ao 9 de setembro, na Casa de Cultura de Lores, de 18:00 a 21:30 horas.

Podes conseguir máis información nos teléfonos da Casa do Concello 986.74.71.02 / 986.74.75.85.

18 julio 2016

Oferta de emprego para persoal laboral temporal.



Hoxe o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica o anuncio para a convocatoria de contratación de persoal laboral temporal do Concello de Meaño.


As bases reguladoras para cada posto, podedes consultalas nos enlaces de arriba, clicando no posto do voso interese.

Pinchando aquí poderedes ver a oferta completa.

Os interesados tedes 10 días hábiles, a partir de mañá, para presentar as vosas instancias e a documentación requirida nas oficinas da Casa do Concello.

A instancia que hai que cubrir, podedes conseguila clicando aquí.

Moita sorte a tod@s!!!!

Festa dos Muíños.



Xa se achega o domingo 31 de xullo de 2016, que será cando se celebre a Festa dos Muíños e a Mostra Labrega, na parroquia de Lores.

Se estades interesados en desfrutar dunha comida en convivencia cos nosos veciños, da música galega e da artesanía, esta é a vosa oportunidade!!!

O prezo da comida é de 25 euros e ata o xoves 28 de xullo poderedes inscribirvos nas oficinas do Concello.

Os teléfonos vosa disposición son: 986.74.71.02 ou 986.74.75.85. 
O correo electrónico é:
concellodemeano@concellodemeano.com

Recordade que tamén haberá actuacións coma a do grupo Retesías ou Uxía Senlle.


17 julio 2016

A lingua: na boca.


Hoxe ás 22:00 horas desfrutamos do espectáculo "A lingua: na boca", en Lores, dentro do Programa, da Deputación de Pontevedra, "Ano Castelao 2016.
Foi no contorno da Ruta dos Muíños.











Unha velada moi agradable, da man da compañía de teatro Limiar.

15 julio 2016

Encontro do Viño de Autor: Ruta do Viño Rías Baixas.


Anímate a participar!!! É unha oportunidade diferente!!! Inscríbete na web:

"www.carrerarutavinoriasbaixas.com"

E se o teu non é correr, podes apuntarte como voluntari@, enviando un e-mail a:

"info@rutadelvinoriasbaixas"

ou chamando ao  "986 091 088 / 687 532 320"

14 julio 2016

Bodegas Artesanas e o seu Viño de Autor.

Espectáculo "A lingua: na boca".


O próximo sábado 16 de xullo de 2017, ás 22:00 horas, na Área Recreativa dos Muíños de Lores (ao lado do Muíño de O Ferreiro), a compañía de Teatro LIMIAR, amosaranos o seu espectáculo "A lingua: na boca".

A Deputación de Pontevedra, dentro do Programa "Ano Castelao 2016", achega esta actuación ata o Concello de Meaño, cunha obra na que se xuntan o cómico co poético e o musical ao redor da figura de Castelao.


Non volo podedes perder!!!!

Exposición: BOSQUES PARA UN SOÑO.



Durante este mes de xullo, o  Museo da Muller Labrega de Meaño presenta a exposición:

"Bosques para un soño"

De Milagros Morán Bovio.

Recordade que este museo pecha os martes e que de luns a sábado abre de 18:30 a 21:30 horas e os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.

Non deixedes de facerlle unha visita!!!

Horarios de verán:oficinas de turismo, biblioteca e piscina.


Aquí tedes os horarios de verán dalgúns dos Servizos municipais.

-Se vos interesa coñecer que cousas se poden facer ou ver no noso concello, poderedes acudir á Oficina de Turismo do Pazo de Lis, en Meaño, de luns a sábado, agás o martes que está pechado, de 18:30 a 21:30 horas. Os domingos e festivos estarán dispostos a informarvos entre as 11:00 e as 14:00 horas. 

Se estades máis preto de Dena, atenderanvos na Oficina de Turismo do Parque da Rúa Nova (detrás do Centro Médico), de luns a sábado, agás o martes que está pechado, de 11:00 a 14:00 horas.
Os domingos e festivos esta oficina está pechada.

-Poderedes estudiar, ler ou consultar Internet na Biblioteca Municipal en Meaño, de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas, durante os meses de xullo, agosto e setembro.

-Se o que queredes e utilizar a Piscina Municipal en Dena, poderedes facelo de luns a domingo, de 15:00 a 20:00 horas.

O custo das entradas é:
-1,30 euros os menores de 14 anos residentes no concello.
-2,40 euros os maiores de 14 anos e os non residentes no concello.

Se o que che interesan son os bonos:
-De 15 entradas: menores de 14 anos residentes no concello: 1,17 euros a entrada (total de 17,55 euros).
maiores de 14 anos e non residentes no concello: 2,16 euros a entrada (total de 32,40 euros).
-De 30 entradas: menores de 14 anos residentes no concello: 1,10 euros a entrada (total de 33 euros).
maiores de 14 anos e non residentes no concello: 2,04 euros a entrada (total de 61,20 euros).



ITV para os vehículos agrícolas.


Se tes un vehículo agrícola obrigado a pasar a Inspección Técnica (ITV) podes aproveitar a visita que a Unidade Móbil da ITV de Pontevedra vai facer ao noso concello.

Estará na Área Recreativa de O Barreiro de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas, os seguintes días:

-Xoves 21.7.2016
-Venres 22.7.2016
-Martes 26.7.2016
-Mércores 27.7.2016
-Xoves 28.7.2016 

Solicita a túa cita previa no teléfono: 902.30.90.00 ou na páxina web: www.sycitv.com

Recollida do lixo.

Cando vaiades tirar o lixo, recordade que o novo horario de recollida comeza ás 6 da mañá e que o camión do lixo pasará os luns, mércores, venres e sábado.

Polo ben de todos os veciños, non deixes o teu lixo fóra do horario.

Este horario manterase ata o 24 de setembro de 2016.

Pavillón de Xil.


Despois de tanto tempo, por fin se busca empresa para a reconstrucción da fachada e da cuberta do Pavillón de Xil.

Se a túa empresa está interesada, podes consultar o anuncio aquí.

Praza de persoal laboral fixo.


Se estás interesado na Praza de Operario Encargado de Obras e Servizos, con carácter de persoal laboral fixo, do Concello de Meaño, esta é a túa oportunidade.

Debes comprobar se cumpres os requisitos para participar no CONCURSO-OPOSICIÓN, no que se cubrirá esta praza.

Pinchando aquí verás o anuncio publicado no BOPPO, con todos os requisitos que hai que cumprir e que elementos se valorarán á hora de outorgar puntos; ademais, do temario para as probas escritas, entre outros aspectos.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais desde o martes pasado (12 de xullo), que foi cando se publicou o anuncio deste concurso-oposición no BOE.

Así que, tes ata o 1 de agosto para presentar a túa instancia cuberta e a documentación, que se require.

Non perdas a túa oportunidade!!!