31 julio 2015

ENCONTRO DO VIÑO DE AUTOR.


OS SOCIALISTAS DE MEAÑO ACUDIRON AOS PARLAMENTARIOS GALEGOS PARA AXUDAR AO VIÑO DE AUTOR


Grazas á presión socialista, a Consellería do Medio Rural e do Mar podría facerse cargo dos gastos do aluguer da carpa.


Meaño, 31 de xullo de 2015


Por todos é xa sabido que este ano a Consellería de Medio Rural e do Mar denegoulles a subvención que, ao longo dos 17 anos de celebración do Encontro Viño de Autor de Meaño veu recibindo esta festa. Axuda económica que oscilaba entre os 10.000 e os 12.000€ e que tanto impulso dou a esta festa.


En cambio, o que moitos non saben é que os socialistas de Meaño, meses antes da celebración da festa acudiron aos seus compañeiros do Parlamento Galego para recabar información e preguntarlle á Consellería de Medio Rural e do Mar pola denegación desta subvención ao colectivo bodegueiro meañés.


O encargado de presentar este requerimento dos socialistas meañeses foi Pablo García, moi ligado ao sector vinícola e con grandes amizades en Meaño.


O pasado sábado, ante a invitación da propia Icía García e do presidente da Asociación de Bodegueiros, Paco Dovalo, Pablo García visitou o XVIII Encontro Viño de Autor con parte da agrupación socialista meañesa.


Polo pronto, según informacións da Asociación de Bodegueiros, a Consellería de Medio Rural e do Mar, grazas á presión mantida polos socialistas, comprometeuse a correr cos gastos do aluguer da carpa.


Nos próximos meses esperan obter máis respostas da Consellería do Medio Rural e do Mar.


Grupo Munipal Socialista
PSdeG-PSOE Meaño

26 julio 2015

Presidenta de Deputación.


O PSOE PON A MEAÑO NO MAPA POLÍTICO!!!

Un éxito da nosa compañeira Icía García:

Gracias a súa intervención, o xoves a Presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, estivo na apertura da XVIII edición do Encontro co Viño de Autor.





Onte o parlamentario socialista Pablo García visitou aos adegueiros no Encontro do Viño de Autor.

Non podemos deixar de recordar que foron os parlamentarios socialistas os que lle pediron explicacións á Xunta por non aprobar a subvención para esta edición do Viño de Autor.
Moitas gracias por seguir traballando para todos nós!!

23 julio 2015

Festas en Cobas.


Os próximos venres 24 e sábado 25 de xullo, a parroquia de Cobas festexa Santa Cristina e San Roque.

Pola noite, haberá orquestras coas que desfrutar.

Boas festas veciños!!!!

Exposición e Concerto.


Hoxe ás 20:00 horas inaugúrase no Museo da Muller Labrega de Meaño a exposición fotográfica "MIRANDO A REALIDADE", de Myriam Portela e Basilio Camiña.

A exposición permanecerá no museo ata o 2 de agosto.

Non vola perdades!!


E ás 23:00 horas, dentro da programación do XVIII Encontro do Viño de Autor, o quinteto Magno Brass dará un concerto na praza do Concello.

Animádevos a vir!!

19 julio 2015

Festa dos Muíños.


Pola noite fomos de foliada e a mediodía, de xantar!!!

Tamén tivemos tempo para visitar os postos de artesanía. 

Os nosos compañeiros Icía García (Dena), Manuel Radío (Padrenda), Maribel Trelles(Meaño) e Sandra Martínez (Meaño) desfrutaron na compaña dos seus veciños na comida nos muíños.

Temos máis fotografías no noso facebook.

Unha gran fin de semana para a parroquia de Lores!



18 julio 2015

Cea fin de campaña.







Despois duns meses de moito traballo, chegou o momento de desfrutar dun rato xuntos e, como bos galegos, fixémolo ao redor dunha mesa, neste caso en O Compadre, en Dena.








Ademais, quixemos aproveitar para agradecerlle á nosa compañeira Maribel o seu gran traballo realizado durante os últimos anos como concelleira e membro da nosa agrupación. Soamente podemos dicirlle: GRACIAS!!!




Manuel Radío.



Hoxe, no Faro de Vigo, entrevistan ao noso compañeiro, o concelleiro do PSOE de Meaño, Manuel Radío.

Se queredes coñecer como chegou á política; cales son os asuntos que máis lle preocupan do noso Concello; cal foi o seu papel nos mitíns que fixemos durante a campaña electoral;... non vos perdades a entrevista no noso facebook.

17 julio 2015

O Viño de Autor, sen apoio económico.




A Xunta de Galicia non aopia esta edición do Viño de Autor: Medio Rural non concedeu a subvención para esta celebración.

Nós tamén estamos moi sorprendidos!!!!

Mirade a noticia completa, en La Voz de Galicia.

16 julio 2015

Teatro.


A compañía de teatro "Os Quinquilláns" chega a Meaño o próximo 31 de xullo, para representar a obra infantil  "Por que é salgada a auga do mar?".

Non os coñecedes? Pois mirade aquí.

A actuación será ás 11:30 na Praza do Concello e a actuación encádrase dentro do Programa "Cultura no Camiño", organizado por Turismo de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

Podedes conseguir información sobre as actuacións, que organizan desde este programa, para o Concello de Meaño e para outros Concellos pertencentes ás Rutas Xacobeas, pinchando neste enlace.

As fontes.


Como xa sabedes todos, o Concello de Meaño, gracias a unha moción, a unha proposición, do PSOE analiza a auga das fontes, para que todos os que bebamos delas poidamos facelo con seguridade para a nosa saúde.

Hoxe esta análise foi noticia.

Podedes conseguir máis información e ler a noticia completa no noso facebook.

15 julio 2015

O albariño.




Entre o xoves 23 de xullo e o domingo 26 de xullo, terá lugar o "XVII Encontro co Viño de Autor".

A Asociación de Bodegas Artesanas ten organizadas diferentes actividades como o Campionato de Debullar Millo a Man; ou o Campionato de Fondar Barriles; actuacións musicais; un showcooking; catas; etc.


Vinde a desfrutar a Meaño!!!

13 julio 2015

A comer!!


Achégase a XIII Festa dos Muíños!!!

O domingo 19 de xullo, nos muíños de Caxoi, en Lores, farase o xantar popular ao aire libre.

Se queredes ir, recordade anotarvos na Casa do Concello. O xoves 16 de xullo remata o prazo. 

Por certo, este ano sube o prezo: custa 25 euros ...será pola crise.



Foliada.



O próximo sábado 18 de xullo vaise celebrar a "I Foliada de Música Tradicional Galega: Unha Noite nos Muíños", en Lores.
A Asociación Cultural Penaguda de Dena invitou a diferentes agrupacións de música tradicional para que participen nesta festa do folclore galego.

Animádevos todos a cantar e bailar!!!!

María do Ceo


Un concerto xenial a de onte pola noite!!!

A capela de San Benito de Lores estaba ao completo. Tod@s aproveitaron para desfrutar coas cancións de María do Ceo.


O PSOE de Meaño estivo apoiando ás xentes de Lores e felicitou á cantante pola súa actuación, a través do concelleiro Manuel Radío.


Podedes ver máis fotografías no noso facebook

11 julio 2015

Concerto en Lores.



Mañá, domingo 12 de xullo, María do Ceo vai ofrecer un concerto no recinto da Capela de San Benito en Lores. Ás 22:00 horas poderemos desfrutar dos sons do seu disco "FADOS CON OUTRO ACENTO".

Non volo perdades!!!

10 julio 2015

En xullo tamén se traballa...




Como vedes, seguimos traballando por Meaño. 

Este equipo quere estar ao pé de todos vós e, por iso, vos apoiamos nos temas que vos preocupan.
Algo de interese xeral é o comedor escolar, así que decidimos solicitar información sobre a súa financiación. O PRATO POR NENO/A É MOI CARO!!! 


De interese xeral, tamén son as condicións nas que traballan os empregados laborais contratados polo concello. 



Non esquecemos, ademais, os vosos intereses particulares. Un veciño falounos do seu problema urbanístico e nós pedímoslle explicacións ao concello, como vistes nos enlaces.

Ao igual que este veciño, non dubidedes en contar con nós.


08 julio 2015

TRES PETICIÓNS DE INFORMACIÓN.


OS SOCIALISTAS DE MEAÑO PIDEN INFORMACIÓN Á ALCALDESA UCHA


Icía García solicita informe sobre a forma de financiación do Comedor Escolar do CEIP Coirón-Dena


Meaño, 8 de xullo de 2015


O pasado luns, 6 de xullo, o Partido Socialista de Meaño presentou no rexistro do Concello de Meaño tres peticións de información.


A raíz dos rumores que se produxeron o fin de semana pasado sobre a inspección de traballo no campamento da Escola Musical de Meaño e, concretamente, sobre os rumores da existencia de traballadores municipais sen contrato, e facéndose eco das sucesivas queixas de varios empregados eventuais do Concello sobre as extralimiticacións de horarios e xornadas laborais, os socialistas pediron un informe á Secretaría de Intervención sobre o sistema de contratación impartido polo Concello de Meaño, así como unha explicación escrita por parte da Alcaldía sobre o sucedido no Campamento Musical en Marín.


A segunda petición realizada polos socialistas básase na reclamación dun veciño que denuncia unha irregularidade urbanística. Tras máis de un ano presentando denuncias ante o Concello sobre unha obra que, según informe dos técnicos municipais, non se axusta á legalidade urbanística vixente na zona, non obtendo resposta por parte da Alcaldía.
 Os socialistas solicitaronlle á alcaldesa Ucha explicación escrita sobre o motivo polo cal non se lle respondeu á denuncia deste veciño, así como informe das medidas que se tomaron dende a data da primeira enuncia (febreiro do 2014) ata o día de hoxe.


E por último, e non menos importante, os socialistas de Meaño, a través da súa portavoz Icía García, tras a noticia publicada nun medio de comunicación sobre
a licitación do cátering para o comedor do CEIP Coirón-Dena por 21.300€, solicitaronlle un informe á Secretaría de Intervención do Concello de Meaño sobre a forma de financiar o comedor escolar, posto que o Concello se ten beneficiado dun Convenio de colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univeristaria.
O partido socialista reclamalle ao concello informe sobre as subvencións recibidas, ingresos e gastos do Comedor escolar do CEIP Coirón-Dena.


Nos próximos días esperan recibir toda a documentación solicitada.
Grupo Munipal Socialista
PSdeG-PSOE Meaño

07 julio 2015

A FINANCIACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR.


PETICIÓN DE DOCUMENTACIÓN




Dona Icía García Fernández, na súa condición de Voceira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Meaño comparece e como mellor en Dereito proceda DI:

Que de conformidade co artigo 226 da vixente Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os Grupos políticos que compoñen a Corporación Municipal teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións consten en poder dos servicios da Corporación Municipal e lles cumpran para o desenvolvemento das súas funcións.

Que o asinante precisa da seguinte documentación:

Na semana do 29 de xuño ao 3 de xullo, nun medio de comunicación, informóusenos que o Concello de Meaño licitaba po 21.300€ o cátering para o Colexio CEIP Coirón – Dena, así mesmo o DOG Núm. 193 do 9 de outubro do 2014 publicaba a existencia dun Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Meaño, para a xestión do servicio de comedor escolar do CEIP de Coirón – Dena cunha cuantía de 19.470€.

Por todo o anteriormente exposto, SOLICITO:

  • Solicito da Secretaría de Intervención do Concello de Meaño informe sobre a forma de financiar o comedor escolar do CEIP Coirón – Dena, subvencións recibidas, ingresos e gastos.



En Meaño, a 4 de xullo de 2015

Asdo. Icía García Fernández
Voceira do Grupo Municipal Socialista



SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO

01 julio 2015

Pleno Extraordinario


Hoxe celebrouse un PLENO EXTRAORDINARIO para, entre outras cousas, para votar o soldo da alcaldesa. 
Nós votamos EN CONTRA porque nos parece un salario moi alto para un concello tan pequeno coma Meaño.
Tampouco apoiamos a contratación dunha asesora por parte da alcaldía nin o que vai cobrar: 5.600 euros desde o 1 de Xullo ata o 31 de Decembro.





SOLDO INACEPTABLE.


OS SOCIALISTAS DE MEAÑO TACHAN DE INACEPTABLE O SOLDO DA ALCALDESA LOURDES UCHA


A alcaldesa Ucha non entende a razóns


Meaño, 1 de xullo de 2015


O pasado martes 30 de xuño tivo lugar o primeiro pleno da lexislatura 2015-2019 do Concello de Meaño; pleno dedicado á composición das distintas áreas do concello.


O punto álxido da xornada, que durou máis de 1 hora, xurdeu no punto 8 da Orde do día, no cal se trataba os cargos con dedicación, o réxime de dedicación e a retribución.


A bancada popular propuxo unha única dedicación, sendo a da alcaldesa, cun importe anual de 43.000€.


Dende o grupo socialista expúxose unha comparativa dos soldos dos alcaldes dos concellos veciños, xunto co número de habitantes de cada concello. Como exemplo, os socialistas nombraron, entro outros a:
- Gonzalo Pita.- Sanxenxo, 17.543 habitantes → 38.000€/ano
- José Cacabelos.- O Grove, 10.851 habitantes→ 43.000€/ano
- Fátima Abal.- Cambados, 13.399 habitantes→ 40.000€/ano
- Alberto Varela.- Vilagarcía de Arousa, 37.712 habitantes→ 51.000€/ano
Para os socialistas é inaceptable o soldo que se autoimpón a alcladesa Ucha. Analizaron os soldos dos alcaldes veciños e expuxéronlle á alcaldesa Lourdes Ucha que era totalmente inadecuado que percibise o mesmo soldo que o alcalde de O Grove, José Cacabelos, cando ésta ten que gobernar nun concello que é a metade que O Grove; cobra o mesmo por menos poboación e menos responsabilidade.


Se este punto trouxo debate ao pleno, o punto que máis críticas desatou na oposición foi a contratación dunha asesora persoal para a alcaldesa.


Ante as preguntas realizadas polos socialistas, a alcladesa Ucha non supo explicar o motivo polo cal decidira contratar a unha asesora. Cando a portavoz socialista, Icía García, lle preguntou para qué funcións necesitaba asesoramento
se a secretaria de intervención xa lle prestaba asesoramento xurídico, ésta non supo contestar; limitándose a decir que a asesoraría “no que xurdira”.


Cando a alcaldesa Ucha revelou o nome da asesora creouse estupefacción na oposición, posto que a nova asesora sería a número 8 da lista electoral popular, Pilar González Dopazo,persoa que non conseguiu entrar na corporación municipal nas pasadas eleccións. 

Os socialistas tacharon a decisión como un pago de favores, pois esta persoa cobrará 1.000€ ao mes por traballar menos de 4 horas ao día.


A alcladesa Ucha quedou impasible ante as críticas da oposición, votando a favor tanto do seu soldo, como a contratación da asesora persoal.


Grupo Munipal Socialista
PSdeG-PSOE Meaño