24 febrero 2017

Moción do Pleno do 13 de febreiro de 2017.

O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a través da súa voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte MOCIÓN, referida á inclusión de criterios sociais e medioambientais na contratación pública municipal.

A contratación pública é un dos principais mecanismos cos que contan as administracións públicas para conseguir o benestar dos cidadáns e cidadás. O Concello de Meaño, nos seus presupostos para 2017, destina 782.804,43€ en inversión reais. Deste xeito,   dámonos conta de que estamos falando dunha cantidade moi  importante do gasto público municipal.

A contratación pública chega a ser unha ferramenta legal para cumprir na cal pode cumprir uns obxectivos, tales como, a cohesión social, redistribución da riqueza, igualdade, xustiza... ou o contrario. Deben evitar, como está a ocorrer en moitas administracións os efectos negativos sobre o mercado de traballo, emprego, a destrución das condicións de traballo e dereitos dos traballadores.

Desde o noso punto de vista os obxectivos dos gobernos locais nesta área debe ser destinada a obter un contrato de carácter estratéxico, sostible e socialmente responsable que ten en conta non só o prezo senón a calidade, eficiencia e sostibilidade ambiental na prestación de servizos e contratación pública.
A celebración de contratos debe ser baseada en criterios obxectivos, para asegurar o respecto dos principios de transparencia, non-discriminación e de igualdade de trato, a fin de garantir unha comparación obxectiva das ofertas presentadas. 
 
Débese notar que neses contratos nos que o compoñente económico fundamental consiste no custo de man de obra, a maior ponderación para a concesión pode ter un impacto negativo sobre o mercado de traballo e está directa ou indirectamente utilizadas para xustificar moitas accións que acaban destruíndo emprego e / ou agravamento das condicións de traballo dos traballadores.

O exemplo máis notorio de ineficacia na contratación de obras públicas presentouse na reconstrucción do Pavillón de Xil, onde se tiveron que paralizar as obras polo incumplimento da lei de prevención de riscos laboráis e das condicións dos trabalaldores.

De acordo con todo o anterior, sómetese á consideración do Pleno da Corporación á aprobación da seguinte MOCIÓN:

  1. Que se elabore un ordenanza na que se regulen as contratacións públicas e se inclúan cláusulas sociais e ambientais (criterios como a calidade das condicións de emprego, a inserción sociolaboral de colectivos con especiais dificultades de integración, a diversidade funcional, políticas de xénero, ambientais e de comercio xusto) nas contratacións que se realicen dende o Concello.

2. Naqueles supostos en que os órganos de contratación empreguen máis dun criterio para a valoración das propostas e a determinación da oferta máis vantaxosa deberán incluírse criterios que permitan identificar a oferta que presente a mellor relación calidade/prezo,

En Meaño, 6 de febreiro do 2017

Asdo: Icía García Fernández
Voceira do PSdeG-PSOE
SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO. CONCELLO DE 

21 febrero 2017

DO QUE SE FALOU NO PLENO DO 13 DE FEBREIRO DE 2017

  • A nosa Agrupación presentou neste Pleno:
-A moción sobre a contratación pública. Pretendemos que se marquen uns criterios comúns á hora de contratar a empresas e persoal laboral. Queremos que se dea prioridade a colectivos como mulleres maltratadas, persoas con discapacidades, persoas en risco de exclusión social polas rendas baixas,…
¡Basta xa de contratación á oferta máis baixa! Isto provoca que se presenten empresas que non coñecen as obras, as peculiaridades do concello, que non respectan as medidas de seguridade, do mantemento de condicións laborais precarias e da contratación de persoas pluriempregadas, mentres outros están na casa sen traballo nin recursos. ¿Que pasa ao final? Que as empresas se ven obrigadas a parar a obra ou, directamente, renunciar a ela como no caso do pavillón de Xil.
  • Por outra banda, tamén tivemos que votar…
-A mellora do campo de fútbol da Toxa e a alegación contra o presuposto municipal. En canto ao campo de fútbol, despois de tantos remendos, houbo que votar EN CONTRA para parar este despropósito que, cada día que pasa, nos costa máis cartos aos veciños.
-Este foi o presuposto da polémica! O noso equipo rexeitouno desde un principio e, agora, os Policías Municipais, presentando unha alegación contra el, demostran o que nós levamos dicindo: UN PRESUPOSTO CHAPUCEIRO.
  • Este Pleno, unha vez máis, serviu para maquillar o traballo mal feito da Alcaldía, remendando erros como o proxecto grandioso do campo de fútbol de Meaño ou os presupostos municipais, onde hai lagoas en certas partidas como en Educación ou Servizos Sociais.

A moción que presentamos é unha BOA PROPOSTA como se ve no feito de que a Alcaldía vai aplicar os nosos criterios á hora de facer contratacións. Coma sempre, abríndolle os ollos ao Grupo de Goberno, aínda que a rexeiten por ser da Agrupación Socialista de Meaño!

17 febrero 2017

Sobre o Pleno.

DO QUE SE FALOU NO PLENO 
DO 13 DE FEBREIRO…

A nosa Agrupación presentou neste Pleno:

-A moción sobre a contratación pública. Pretendemos que se marquen uns criterios comúns á hora de contratar a empresas e persoal laboral. Queremos que se dea prioridade a colectivos como mulleres maltratadas, persoas con discapacidades, persoas en risco de exclusión social polas rendas baixas,…

¡Basta xa de contratación á oferta máis baixa! Isto provoca que se presenten empresas que non coñecen as obras, as peculiaridades do concello, que non respectan as medidas de seguridade, do mantemento de condicións laborais precarias e da contratación de persoas pluriempregadas, mentres outros están na casa sen traballo nin recursos. ¿Que pasa ao final? Que as empresas se ven obrigadas a parar a obra ou, directamente, renunciar a ela como no caso do pavillón de Xil.

Por outra banda, tamén tivemos que votar… 

-A mellora do campo de fútbol da Toxa e a alegación contra o presuposto municipal. En canto ao campo de fútbol, despois de tantos remendos, houbo que votar EN CONTRA para parar este despropósito que, cada día que pasa, nos costa máis cartos aos veciños. 

-Este foi o presuposto da polémica! O noso equipo rexeitouno desde un principio e, agora, os Policías Municipais,  presentando unha alegación contra el, demostran o que nós levamos dicindo: UN PRESUPOSTO CHAPUCEIRO. 

Este Pleno, unha vez máis, serviu para maquillar o traballo mal feito da Alcaldía, remendando erros como o proxecto grandioso do campo de fútbol de Meaño ou os presupostos municipais, onde hai lagoas en certas partidas como en Educación ou Servizos Sociais.