29 diciembre 2016

Sen negociación coa oposición.



Meaño, a 29 de decembro de 2016

NOTA DE PRENSA


A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE MEAÑO E MEAÑO INDEPENDENTE REXEITAN AS FORMAS DO GRUPO DE GOBERNO

José Manuel Asperez e Icía García, voceiros de ambas agrupacións, expresan o seu malestar coa alcaldesa Lourdes Ucha pola demora na entrega da documentación sobre os presupostos para o ano 2017.

Hoxe, xoves 29 de decembro, ás 20:00 horas celébrase na Casa do Concello de Meaño o pleno para a aprobación dos presupostos do vindeiro ano.

Os concelleiros recibiron a convocatoria para este pleno o día 26 de decembro ao longo da tarde, podendo acudir a analizar a documentación unicamente o martes, mércores e xoves en horario de mañá.

Se ben enviaron a documentación a través de correo electrónico, esta non estaba completa, faltando, por exemplo, a relación de postos de traballo e o informe de Intervención, entre outros.

Este tempo é insuficiente dado a importancia que ten esta información”, segundo José Manuel Asperez. Ademais, “hai concelleiros aos que o seu horario laboral lle coincide co horario de atención do concello”, conclúe Icía García.

Ambos voceiros consideran que debería haber máis diálogo por parte do grupo de goberno e que estes deberían ser un presupostos consensuados coa oposición.

.
Sandra Martínez Muñiz                                                                   Cristina Castro Pintos
Responsable de Prensa                                                                  Responsable de Prensa
Tlfno. 686 815132                                                                           Tlfno. 625 53 43 66
psoe.meano@gmail.com                                                                facebook.com/meanoindependiente
facebook.com/psoe.meano                                                             

09 diciembre 2016

Anuncio do Pleno.



PLENO DO DÍA 12 DE DECEMBRO ÁS 20:00H


Nestes últimos meses estivemos traballando…

-Por unha rebaixa do IBI para as vivendas do rural. Co voto de calidade da señora Alcaldesa-Presidenta, o grupo de goberno  decidiu, no Pleno de outubro, non incluír este tema, de moita importancia para todos, na orde do día e poder, así, gañar tempo, buscando un pretexto para non beneficiar aos veciños. 

-Contra unha ordenanza abusiva, que pode provocar a perda da concesión de Os Pasales (Dena). No Pleno anterior, denunciamos o cobro ilegal da taxa do uso da pista de pádel. No convenio firmado con Costas, dise que a utilización do espacio será LIBRE e GRATUÍTO para os cidadáns. Polo tanto, o Goberno de Meaño corre o risco de ser sancionado por non cumprir este acordo.


A Agrupación Socialista de Meaño pedirá neste Pleno:

-O control de vertidos do sumidoiro no concello. Igual que fixemos coa moción sobre a limpeza da ría ou, como no Pleno pasado, no que denunciamos verteduras no río da Chanca, en Abuín (Dena), pedimos unha solución inmediata deste problema que afecta á saúde.

-Información sobre a concesión de Os Pasales. Despois de dous meses é imprescindible coñecer a situación na que se atopa a concesión de Os Pasales. Vaise eliminar a taxa pola pista de pádel? Devolverase o cobrado ata o de agora? Vaise axustar a ordenanza ao marcado no convenio?

18 noviembre 2016

A Televisión de Galicia en Meaño.


Este sábado podedes desfrutar da emisión dun programa en directo: a TVG vai visitar Meaño!!!


Non volo perdades!!!

15 noviembre 2016

Unha xornada en favor dos animais.


Se queredes pasar unha tarde diferente, apoiando aos animais que buscan un fogar e ás asociacións que os coidan, esta é a oportunidade.

Será o próximo domingo 20 de novembro, na Taberna Rural Pazo de Lis en Meaño.


Un pouco entre tod@s, supón moito. Animádevos a colaborar!!!

10 noviembre 2016

Andaina solidaria por Lores.


O próximo domingo 20 de novembro, terá lugar unha andaina solidaria por Lores, a beneficio da Fundación Amigos de Galicia.

Está organizada por Nuestro Granito de Arena.

Sairá do Pavillón de Meaño e recorrerase unha distancia de 9 quilómetros, cunha dificultade baixa.


Pasade unha mañá diferente, apoiando unha boa causa!!!

Magosto das Mulleres Rurais de Dena.


Este sábado 12 de novembro, celébrase o magosto, organizado, un ano máis, pola Asociación de Mulleres Rurais A Telleira de Dena.

Será a partir das 18:00 horas, no edificio do antigo Bar O Bartolo, en Dena.

Aproveitade para pasar unha tarde entretida, entre veciñ@s!!!

Magosto para maiores.


O Concello de Meaño está a organizar un magosto, dirixido á terceira idade, para o próximo domingo 13 de novembro.

Será no Centro Social de Dena, a partir das 6 da tarde e estará amenizado polo grupo musical Azabache.

Animádevos e participade!!!



03 noviembre 2016

Padrenda en Festas!!!


Achégase San Martiño e Padrenda prepárase para festexar.

O venres 11 de novembro, haberá unha misa na honra do patrón da parroquia e o sábado 12 chegará a hora da verbena nocturna, na festividade de O Carmen. 

Non importa se chove nin se vai frío porque haberá unha carpa e chocolate con rosca, para que todos desfrutemos destas festas.


Animádevos e achegádevos a Padrenda!!!

01 noviembre 2016

Xantar do Acio e a Espiga en Cobas


Un día xenial o do pasado domingo en Cobas.

 
Os nosos parabéns á organización e, por suposto, a Os Danzantes de Cobas!!!



 Gran iniciativa a do I Xantar do Acio e a Espiga en Cobas!!!

28 octubre 2016

Preguntas no Parlamento sobre Os Pasales.






Meaño, a 27 de outubro de 2016


O PSdeGPSOE PREGUNTA NO PARLAMENTO POLA REXENERACIÓN DA RÍA DE AROUSA

A petición das Agrupacións de Meaño e Sanxenxo, o PSdeG-PSOE pregunta no Parlamento sobre o estado a Ría de Arousa.

En outubro de 2015 o Grupo Municipal Socialista de Meaño presentou una moción ao Pleno Municipal denunciando a situación e solicitando a limpeza e depuración da Ría de Arousa. A moción foi aprobada pola unanimidade do Pleno, mais non houbo avances ao respecto no estado do lugar dende aquela.

O Deputado D. Julio Torrado visitou a enseada de Os Pasales, unha zona limítrofe entre os municipios de Meaño e Sanxenxo, cun alto valor natural, para denunciar o seu deplorable estado por culpa dos vertidos, da falta de atención e limpeza en todo o marxe da Ría de Arousa, restos de embarcacións, malos olores, …. O aspecto é lamentable, cabe sinalar que estamos tamén nunha zoa de gran riqueza ornitolóxica cun alto valor medioambiental, patrimonial e cultural.

            Na iniciativa presentada na Mesa do Parlamento de Galicia, e como primeiro paso para a recuperación da Ría, os nosos representantes fan as seguintes preguntas para o seu debate:
1ª) Qué valoración fai a Xunta de Galicia do estado de conservación e coidado da enseada dos Pasales?
2ª) Cando foi recibida a moción aprobada no Pleno do Concello de Meaño?
3ª) Qué acción se puxeron en marcha con respecto a dita moción?
4ª) Que consideración lle merece a Xunta de Galicia a potencialidade medioambiental, turística e de lecer do contorno de Os Pasales?
5ª) Ten previsto realizar a consellería algunha acción destinada a mellorar a situación do lugar? Cal e cando pretende iniciala?

27 octubre 2016

Halloween na biblioteca...Samaín na biblioteca.



Esta actividade, organizada polo concello, está pensada para rapaces de 9 a 16 anos, é dicir, a partir de 4º de Primaria.

Será o luns 31 de outubro, en horario de 21:00 a 00:00 horas.

Para inscribirse haberá que chamar ao 986.74.71.02 ou ao 986.74.75.85, en horario de mañá; ou ao 986.74.89.16,en horario de tarde.

Animádevos a participar!!!

Contos de Outono 2016 Manualidades Contadas.


O Concello de Meaño acaba de convocar 20 prazas para que, os rapaces de Educación Infantil, e 20 para que, os de 1º ou 2º de Educación Primaria, participen no seu programa Contos de Outono 2016 Manualidades Contadas.

Será na Biblioteca de Meaño, en horario de 17:00 a 18:30 horas.

Os contos para os alumnos de infantil serán os días 10 e 24 de novembro e o día 15 de decembro.

Aos alumnos de 1º e 2º de Primaria chégalles o seu turno os días 7 e 21 de novembro e 19 de decembro.

Inscribe rápido aos teus fillos, chamando ao 986.74.71.02 ou ao 986.74.75.85, en horario de mañá.

23 octubre 2016

Doazón de sangue.


O próximo xoves 27 de outubro, a Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará diante da Casa do Concello de Meaño entre as 16:00 e as 21:00 horas.

Se vos animades a doar vida, non esquezades levar a vosa tarxeta de doador, o D.N.I. ou outro documento similar.

Non vos esquezades!!!

19 octubre 2016

I Xantar do Acio e da Espiga en Cobas.


A parroquia de Cobas organiza o seu I Xantar do Acio e da Espiga!!!

Será o próximo domingo 30 de outubro, ás 14 horas, no Monte da Raposa (xunto a Casa de Cultura) e estará cuberto cunha carpa cerrada.

O pregón correrá a cargo do noso veciño de Cobas, "Lino de Kovas", que tamén animará a festa, xunto co Dúo Perlas e haberá un recoñecemento á DANZA DE COBAS, pola súa traxectoria.

O menú constará de entremeses e  cocido galego, ademais de postre. O prezo é de 25 euros, pero para os menores de 12 anos costará 12 euros.

As entradas poden recollerse ata o xoves 27 de outubro en: 
Casa Enrique, O Lar do Outeiro, Taberna de Chantada e Taberna de Cancela en Xil.
Tamén podes facelo, chamando aos seguinte móbiles:
649.48.92.61 Javier
619.15.16.59 Lito
678.24.73.10 Marcelino



Animádevos e o domingo 30, todos a Cobas!!!