10 noviembre 2015

Relación de Postos de Traballo no Concello de Meaño



PETICIÓN DE DOCUMENTACIÓN



Dona Icía García Fernández, na súa condición de Voceira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Meaño comparece e como mellor en Dereito proceda DI:

Que de conformidade co artigo 226 da vixente Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os Grupos políticos que compoñen a Corporación Municipal teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións consten en poder dos servicios da Corporación Municipal e lles cumpran para o desenvolvemento das súas funcións.

Que o asinante precisa da seguinte documentación:

  • COPIA da actual Relación de Postos de Traballo (RPT)



En Meaño, a 8 de novembro de 2015






Asdo. Icía García Fernández
Voceira do Grupo Municipal Socialista








SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO

No hay comentarios:

Publicar un comentario