23 noviembre 2015

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



        Para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero podedes participar nalgunha das seguintes actividades:

-25 de novembro, ás 8 da tarde: Charla-coloquio no Centro Social de Dena, dirixida polo Alferez Comandante de Sanxenxo da Garda Civil.

-26 de novembro, de 9 a 11 da noite: Xornada de Ioga-Pilates, na que cada participante aportará un quilo de alimentos non perecedeiros. Será na Casa de Cultura de Xil.

-27 de novembro, a partir das 5 da tarde: Gincana de xogos e magosto, na Praza do Concello.

- 29 de novembro, ás 9 da mañá: Andaina solidaria con saída desde a Igrexa de Padrenda, pasando por Cobas, Xil, Meaño, Simes, Lores e Dena. 
Despois, comida de cofraternidade de mulleres (15 euros por persoa).
Para esta actividade é necesario inscribirse na Casa do Concello antes do 26 de novembro.

-29 de novembro, ás 6 da tarde: Teatro "SOMOS IGUAIS", no Centro Social de Dena.

Contra a violencia!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario