25 noviembre 2015

GALA SOLIDARIA

O PRÓXIMO DOMINGO 29 DE NOVEMBRO DE 2015: GALA SOLIDARIA "FÁSTEME COÑESIDO"!!!
 

NON VOS PERDADES ESTA FESTA, ONDE, ADEMAIS DE PASALO BEN, COLABORAREDES CUNHA BOA CAUSA: ALIMENTOS PARA OS NON TAN AFORTUNADOS.

ESPERÁMOSVOS!!!!

23 noviembre 2015

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



        Para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero podedes participar nalgunha das seguintes actividades:

-25 de novembro, ás 8 da tarde: Charla-coloquio no Centro Social de Dena, dirixida polo Alferez Comandante de Sanxenxo da Garda Civil.

-26 de novembro, de 9 a 11 da noite: Xornada de Ioga-Pilates, na que cada participante aportará un quilo de alimentos non perecedeiros. Será na Casa de Cultura de Xil.

-27 de novembro, a partir das 5 da tarde: Gincana de xogos e magosto, na Praza do Concello.

- 29 de novembro, ás 9 da mañá: Andaina solidaria con saída desde a Igrexa de Padrenda, pasando por Cobas, Xil, Meaño, Simes, Lores e Dena. 
Despois, comida de cofraternidade de mulleres (15 euros por persoa).
Para esta actividade é necesario inscribirse na Casa do Concello antes do 26 de novembro.

-29 de novembro, ás 6 da tarde: Teatro "SOMOS IGUAIS", no Centro Social de Dena.

Contra a violencia!!!!

22 noviembre 2015

CONTACONTOS POLO DÍA DAS BIBLIOTECAS


O DÍA 26 DE OUTUBRODE 2015, NA BIBLIOTECA DE MEAÑO TERÁ LUGAR UN CONTACONTOS DE 6 A 7:00 DA TARDE, PARA NENOS DE INFANTIL E PRIMARIA. 

CHÁMASE "ÉRASE UNHA VEZ UNS ZAPATOS..." E REALIZARAO FÁTIMA FERNÁNDEZ.

TODOS A LER!!!


18 noviembre 2015

CONTACONTOS

OS DÍAS 23 E 30 DE NOVEMBRO E O 14 DE DECEMBRO DE 2015, NA BIBLIOTECA DE MEAÑO TERÁ LUGAR UN CONTACONTOS DE 6 A 7:30 DA TARDE, PARA NENOS DE 1º E 2º DE PRIMARIA. 
SOAMENTE HAI 20 PRAZAS, ASÍ QUE APUNTÁDEVOS RAIDAMENTE SE NON QUEREDES QUEDAR SEN A VOSA.
NA CASA DO CONCELLO OU CHAMANDO AO 986.74.71.02 / 986.74.75.85

16 noviembre 2015

PROXECIÓN EN DENA.


O DOMINGO 22 DE NOVEMBRO, NO CENTRO SOCIAL DE DENA, TERÁ LUGAR A PROXECIÓN DA PELÍCULA "O FILLO DE MANUEL".

ANIMÁDEVOS A PASAR UNHA TARDE DIFERENTE EN DENA.

POR CERTO, COMEZA ÁS 6:30 DA TARDE...NON VOLO PODEDES PERDER!!


10 noviembre 2015

Cobran os traballadores todo o que lles corresponde?



PETICIÓN DE DOCUMENTACIÓN



Dona Icía García Fernández, na súa condición de Voceira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Meaño comparece e como mellor en Dereito proceda DI:

Que de conformidade co artigo 226 da vixente Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os Grupos políticos que compoñen a Corporación Municipal teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións consten en poder dos servicios da Corporación Municipal e lles cumpran para o desenvolvemento das súas funcións.

Que o asinante precisa da seguinte documentación e SOLICITA:

Acceso aos historiales de contratación do persoal laboral fixo.



En Meaño, a 9 de novembro de 2015






Asdo. Icía García Fernández
Voceira do Grupo Municipal Socialista








SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO

Relación de Postos de Traballo no Concello de Meaño



PETICIÓN DE DOCUMENTACIÓN



Dona Icía García Fernández, na súa condición de Voceira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Meaño comparece e como mellor en Dereito proceda DI:

Que de conformidade co artigo 226 da vixente Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os Grupos políticos que compoñen a Corporación Municipal teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións consten en poder dos servicios da Corporación Municipal e lles cumpran para o desenvolvemento das súas funcións.

Que o asinante precisa da seguinte documentación:

  • COPIA da actual Relación de Postos de Traballo (RPT)



En Meaño, a 8 de novembro de 2015






Asdo. Icía García Fernández
Voceira do Grupo Municipal Socialista








SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO

09 noviembre 2015

CONTACONTOS


OS DÍAS 12 E 26 DE NOVEMBRO E O 10 DE DECEMBRO DE 2015, NA BIBLIOTECA DE MEAÑO TERÁ LUGAR UN CONTACONTOS DE 6 A 7:30 DA TARDE, PARA NENOS DE INFANTIL E 1º DE PRIMARIA. 

SOAMENTE HAI 20 PRAZAS, ASÍ QUE APUNTÁDEVOS RAIDAMENTE SE NON QUEREDES QUEDAR SEN A VOSA.

NA CASA DO CONCELLO OU CHAMANDO AO 986.74.71.02 / 986.74.75.85