Un novo espectáculo chega ao noso concello, da man do programa Cultura no Camiño.
Esta vez, visítanos a compañía "Educateatro Producións", que representará a obra de teatro infantil OS TRES PORQUIÑOS.
Será o 12 DE SETEMBRO DE 2015, ás 19:00 horas na Praza do Concello de Meaño.
Recordámosvos que Cultura no Camiño é un programa organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais e Turismo de Galicia, que durante este ano trouxo diferentes espectáculos ao Concello de Meaño, tales como Contos nas orellas de Migallas Teatro; e Acción, unha actuación de maxia de Dani García, ambas realizadas en Dena no mes de xuño. No mes de xullo, en Meaño houbo O circo dos contos de A cova das letras e Por que é salgada a auga do mar? de Os Quinquilláns; e en agosto Roi, O Cagabolas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario