A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, acaba de convocar axudas económicas, para que as familias numerosas galegas poidan pasar unha fin de semana nunha estación de esquí de Galicia.
O prazo para solicitar estas axudas, comezou hoxe e remata dentro dun mes.
Se queredes solicitalas ou simplemente ler a convocatoria, podedes facelo pinchando aquí.
Se ben estamos de acordo con todo tipo de apoios ás familias, non podemos evitar reflexionar sobre o feito de se son este tipo de axudas as máis urxentes para as familias, en xeral, e para as familias numerosas, en particular.
Pode que axudas para os comedores escolares; para comprar material escolar para os alumnos de educación infantil, que neste momento non teñen cheque escolar; ou para a creación de postos de traballo dignos fosen máis necesarias que estadías en Manzaneda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario