29 septiembre 2015

Traballo digno.


Onte a Deputación de Pontevedra publicou as bases para participar no II Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais 2015.

Esta é unha moi boa noticia para os que non teñen traballo porque, gracias a esta subvención, os concellos que o soliciten, poderán contratar persoal. Os contratos serán de 35 horas semanais.

Agora soamente falta que o Concello de Meaño se dea presa, porque o prazo para acollerse á subvención remata o 5 de outubro. 

Boa sorte para todos!!! 


Axudas para estudiantes.


No Diario Oficial de Galicia do luns, publicáronse as bases para que aqueles estudiantes que comezan este curso 2015-2016, os seus estudios universitarios, poidan solicitar axudas no pagamento da súa matrícula.

Serán estudiantes matriculados por primeira vez no Sistema Universitario de Galicia. Ademais, a renda da unidade familiar non superará as seguintes cantidades:
– Familias de 1 membro: 14.112,00 euros.
– Familias de 2 membros: 24.089,00 euros.
– Familias de 3 membros: 32.697,00 euros.
– Familias de 4 membros: 38.831,00 euros.
– Familias de 5 membros: 43.402,00 euros.
– Familias de 6 membros: 46.853,00 euros.
– Familias de 7 membros: 50.267,00 euros.
– Familias de 8 membros: 53.665,00 euros.
A partir do oitavo membro engadiranse 3.391,00 euros por cada novo membro computable da familia.

Podedes ver o resto das condicións, pinchando aquí. Tamén podedes cubrir a solicitude electronicamente desde este enlace.

25 septiembre 2015

Curso de Informática.



A Asociación de Pensionistas e Minusválidos de Meaño "Coral Santa Lucía de Dena" organiza un curso de informática de 30 horas. 

O curso está subvencionado pola Deputación de Pontevedra.

As clases comezan hoxe e o seu horario é de 5 a 7 da tarde, no Centro Social de Dena.


24 septiembre 2015

Reformas no fogar: programa Reforma 15.


Acaba de publicarse, no Diario Oficial de Galicia, unha liña de axudas para particulares que necesiten comprar materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño.

Así que, se estades pensando en reformar a vosa casa, botádelle un ollo ao DOGA.

Na páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) atoparedes a lista de entidades colaboradoras e respostas a algunhas das dúbidas que vos poidan xurdir.

Moita sorte.

Balonmán.


Comeza unha nova tempada e o Clube Asmubal recórdanos a todos cales son as súas categorías e o calendario de adestramentos.


Animádevos e animade aos máis pequenos da casa!!!

21 septiembre 2015

Concerto.


O próximo domingo é o día elixido para o concerto "Unha noite de amor con Lela" da Banda Unión Musical de Meaño, que se suspendeu o pasado domingo 13 de setembro, polo mal tempo.


Esta vez, o concerto non vai ser no Concello de Meaño, se non no Auditorio do Concello de Ribadumia...unha mágoa!!!

19 septiembre 2015

Axudas para ir á neve.


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, acaba de convocar axudas económicas, para que as familias numerosas galegas poidan pasar unha fin de semana nunha estación de esquí de Galicia.

O prazo para solicitar estas axudas, comezou hoxe e remata dentro dun mes.

Se queredes solicitalas ou simplemente ler a convocatoria, podedes facelo pinchando aquí.

Se ben estamos de acordo con todo tipo de apoios ás familias, non podemos evitar reflexionar sobre o feito de se son este tipo de axudas as máis urxentes para as familias, en xeral, e para as familias numerosas, en particular.

Pode que axudas para os comedores escolares; para comprar material escolar para os alumnos de  educación infantil, que neste momento non teñen cheque escolar; ou para a creación de postos de traballo dignos fosen máis necesarias que estadías en Manzaneda.

17 septiembre 2015

Culturgal 2015.


A Feira das Industrias Culturais (Culturgal) terá lugar, do 4 ó 6 de decembro, no Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra. 

Deputación de Pontevedra conta cun posto  nesta feira, que pon a disposición de todos os concellos da provincia, para que poidan difundir a súa oferta cultural. 

 Os concellos poderán dar a coñecer as súas propostas en calquera dos ámbitos da cultura, coma poden ser certames, iniciativas musicais ou de artes escénicas.

Aproveitará o goberno do Concello de Meaño esta oportunidade que se lle dá????

16 septiembre 2015

Novo Plan de Emprego.


A nova presidenta da Deputación de Pontevedra anuncia cambios nos contratos do Plan de Emprego, que impulsará esta institución no futuro.

Aumentarán o número de horas, das 25 anteriores, a 35 semanais e, con elas, o salario, pasando de 400 euros aproximadamente, a máis de 900 euros, de xeito que se mellore a calidade do traballo e os dereitos dos traballadores.

Este novo plan de emprego, será aprobado o próximo 25 de setembro.

Poderedes conseguir máis información sobre isto, pinchando aquí.



Monitor de fútbol base.


O Unión Dena, en colaboración coa Escola de Entrenadores, organiza un curso de monitor de fútbol base.


O curso conta con 35 plazas. Comezará o 5 de outubro e finalizará o 2 de decembro. As clases serán os luns e mércores de 20:00 a 23:00 horas, no Centro Social de Dena.

Podedes inscribirvos cubrindo este formulario e achegando a documentación necesaria.

Podedes ver máis información no perfil de facebook do Unión Dena, C.F.


Prestación por fill@s menores de 3 anos.


Se o 1 de xaneiro de 2015 tiñas fill@s menores de 3 anos e se no ano 2013 non estabas obrigado a presentar a declaración polo IRPF nin o fixeches de maneira voluntaria, por non estar obrigado a elo, esta é a túa oportunidade de recibir unha axuda para a crianza dos teus pequenos.

A contía será a seguinte:
- Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
- Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
- Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Toma un momento para cubrir a solicitude cos seus anexos e xuntar a documentación que se pide.

Podes facelo desde aquí. 

 Non esquezas que o prazo de presentación das solicitudes vai desde o 8 de setembro ata o 7 de outubro de 2015.


15 septiembre 2015

COIDARTE 2015.



A Deputación de Pontevedra pon en marcha o segundo turno do Programa Coidarte 2015.

As persoas participantes poderán pasar cinco tardes, de luns a venres, no balneario que escollan dos seis que se ofertan: o de Oia, Mondariz-Balneario, O Grove, Cuntis, Moaña e Silleda. 

Para iso, contarán con transporte desde o lugar de orixe ata as instalacións do balneario, no que pasarán a tarde, para volver posteriormente ó seu domicilio, o que lles permitirá continuar coas súas tarefas cotiás.

As solicitudes presentaranse entre o 16 de setembro e o 5 de outubro, no concello do solicitante, de ser concello adherido, como no caso dos habitantes do Concello de Meaño, ou o Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra para os demais. 

 As persoas que desexen solicitar praza deben estar empadroadas na provincia de Pontevedra, ser maiores de 50 anos, xubiladas, pensionistas ou persoas con cargas familiares que precisen dun respiro familiar.

Atoparedes o formulario de solicitude e información sobre os prezos, pinchando aquí. 

Animádevos a participar!!!


As Angustias.



Outra parroquia meañesa en festas!!!

Esta vez é o turno de Xil e a súa festa de As Angustias.


Tod@s a bailar en setembro!!!!



14 septiembre 2015

Música tradicional.



A Asociación Cultural Penaguda avisa a todos os interesados do comezo de novos cursos de baile, gaita e percusión.

 Poderedes inscribirvos no Centro Social de Dena, o xoves día 24 de Setembro de 18:00 a 19:00, para baile; e o venres 25 de Setembro de 19:00 a 21:00 para gaita e percusión.

  Tamén podedes contactar con eles a través do seu facebook

MANUEL E MARTÍN.


Os nosos compañeiros Manuel e Martín participaron onte na Carreira Popular de Meaño.



 Martín é un veterano da carreira e, este ano, recibiu o premio á fidelidade.

Pero, esta carreira foi especial para todos nós: foi a carreira solidaria!!!

A nosa agrupación donou 100 quilogramos de alimentos non perecedeiros, para o banco de alimentos do concello.
Ademais, todos os productos foron mercados no comercio local: no Supermercado Lage (Merca Más) en Lores; no Supermercado Onda en Dena; e no Supermercado Lolita en Dena.

12 septiembre 2015

Carreira solidaria.



O PSOE DE MEAÑO DONA 100 KG DE ALIMENTOS NA CARREIRA
POPULAR

Varios membros da agrupación participarán nesta edición

Meaño, 12 de setembro de 2015

Este domingo, 13 de setembro, celébrase a Carreira Popular de Meaño, que
conta xa con 31 anos de historia. Está previsto que participen cerca de 900
corredores, que se repartirán entre a Proba absoluta, o recorrido mediano, a
carreira corta e a categoría de chupetes.

Este ano a organización pide un xesto de solidaridade aos seus corredores,
consistindo na donación de alimentos non perecedeiros para os Servizos Sociais
do Concello.

O Partido Socialista de Meaño, facendo mostra da súa implicación cos
problemas reais dos seus veciños donará 100 kilos de alimentos, coa esperanza
de que todos os participantes mostren a sua solidaridade, axudando con esta
boa causa. Ademáis, varios membros da agrupación participarán como
corredores.

Grupo Munipal Socialista
PSdeG-PSOE Meaño

08 septiembre 2015

AXUDAS INSUFICIENTES.


A Xunta de Goberno do Concello de Meaño soamente concedeu 23 axudas a familias para mercar material escolar.

Os criterios para conceder as axudas eran moi esixentes. Isto provocou que un número moi reducido de familias se beneficiasen das mesmas.

Ademais, a documentación a presentar era moita, como podedes ver nos anexos das axudas municipais.

A nosa agrupación non pode estar máis en desacordo coas decisións deste goberno.

04 septiembre 2015

Festa en Meaño.



Chega setembro e, con ela, a Festa dos Milagres de Meaño.

Ademais de teatro infantil, haberá moita música.

O sábado 12 de setembro, ás 21:00 horas, a Banda Xuvenil de Meaño actuará co grupo Odaiko Percussion Group; e o domingo 13 de setembro a verbena comezará ás 19:00 horas. Estarán alí LA OCA e LOS SATÉLITES.

"Unha noite de amor con Lela" será o concerto que se ofrecerá o domingo 13, ás 21:30 horas.

Preparádevos para a festa!!!!


01 septiembre 2015

Cultura no Camiño.


Un novo espectáculo chega ao noso concello, da man do programa Cultura no Camiño. 

Esta vez, visítanos a compañía "Educateatro Producións", que representará a obra de teatro infantil  OS TRES PORQUIÑOS.

Será o 12 DE SETEMBRO DE 2015, ás 19:00 horas na Praza do Concello de Meaño.

Recordámosvos que Cultura no Camiño é un programa organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais e Turismo de Galicia, que durante este ano trouxo diferentes  espectáculos ao Concello de Meaño, tales como Contos nas orellas de Migallas Teatro; e Acción, unha actuación de maxia de Dani García, ambas realizadas en Dena no mes de xuño. No mes de xullo, en Meaño houbo O circo dos contos de A cova das letras e Por que é salgada a auga do mar? de Os Quinquilláns; e en agosto Roi, O Cagabolas.