1- As baldosas das aceras de Dena están en mal
estado, polo tanto, rogamos que se revisen
2- En Meaño, xunto ao cruce despois do Rodiño,
onde está o plátano, é necesario a instalación dun espello, sobre todo para os
que acceden a esa carretera desde Os Agros e San Amaro.
3- Reincidimos na necesidade de que no vial entre
a área industrial de Padrenda-Xil e o parque do Barreiro, en Xil, se faga un
ancheamento desa carretera, pois, o estreitamento impide que pasen dous
vehículos.
4- Pedimos máis actividades culturais e máis
variadas en futuras ocasións, este verán son escasas e dirixidas na súa maioría
a un público moi concreto (para nenos).
6- En Axís (Simes), rogamos que se arregle a fonte
de Lagarei.
7- Solicitamos que a cuota da piscina sexa máis
barata para os residentes no verán, se faga máis promoción de bonos e a
posibilidade de ampliar o horario.
8- Pedimos a limpeza do camiño de Cacheiro en
Dena.
9- Solicitamos máis
mesas para a praia das Cebolas en Lores. Esta xa
a pedimos en pasados plenos porque é unha petición da Asociación de Veciños.
10- Pedimos a reparación e acondicionamento do
Merendeiro de Reboredos en Abuín
PREGUNTAS
1- Fai unhas semanas metemos por rexistro un rogo
sobre a solicitude á Deputación dos desfibriladores para as instalacións
deportivas do Concello. Cantos se pediron? Onde os van poñer?
PEDÍRONSE 4: PARA CAMPO DE
FÚTBOL MEAÑO, PISCINA, PAVILLÓN DENA E PAVILLÓN MEAÑO.
2- En Cobas,nas Campiñas, hai un “estanque” de
auga cuberto de maleza. Este deixou de ter uso. Que se vai facer con el? Vaise
acondicionar? Tense pensado sinalizar pola súa perigosidade?
3- En Viliquín cambiaron un poste da luz.
Deixaron o brazo de luz tirado. Días despois desapareceu e non se volveu repoñer
o punto de luz. Tense pensado repoñelo?
4- Ante o plan de incendios ao que nos adherimos
na lexislatura pasada, como é o seu funcionamento? A onde se teñen que dirixir
para coller a auga? De que nos dota aos concellos como Meaño ese plan?
5- Vai haber oferta cultural no Museo da Muller Labrega no verán? E durante o inverno?
NON ESTÁ ESTABLECIDA PARA O
INVERNO. DE MOMENTO PARA O VERÁN NON HAI NADA.
6- Xa hai informe da Xunta de Galicia sobre a
pista de pádel, acerca de se é legal cobrarlle aos usuarios?
7- Na pasada lexislatura, no pleno do 8 de abril
de 2019, acordouse derogar a ordenanza de tráfico. Está derogada totalmente? Na
páxina segue aparecendo.
8- Que sucede co transformador de Abuín? É legal?
Que vai pasar coas portas, xa que parece ser que ocupan os 4 metros?
9- En que estado está a negociación polo
aparcamento do Bartolo?
10- En que estado está a limpeza da depuradora do
Cunchal en Padrenda? Nesa mesma zona, hai pistas con socavóns, os cales se
deberían de reparar.
11- O merendeiro da Chanca, en Dena, non conta
con acceso para chegar a el. Está prevista unha solución para este problema?
12- Cal é a situación actual da cantina da piscina? Que vai suceder co resto das instalacións municipais e a venda e consumo de produtos dentro delas? Vaise regularizar a súa situación?