AO PLENO DO
CONCELLO DE MEAÑO
O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de
Meaño a través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos
artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime
Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da
Corporación Municipal a seguinte MOCIÓN,
referida ao regulamento de explotación do Punto Limpo
Os Puntos Limpos
son recintos ubicados no entorno dos concellos, co obxetivo fundamental de servir
aos cidadáns como centro de aportación voluntaria para a recollida dos residuos
xerados no ámbito domiciliario.
Están dotados de
contenedores específicos para os distintos tipos de refugallos susceptibles de
entrar nos circuítos de reutilización e reciclaxe, e para aqueles que, debido
ás súas características tóxicas ou perigosas, deben ser xestionados de acordo
coa lexislación autonómica vixente nesta materia Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.
Constitúe, polo
tanto, un sistema de recollida selectiva, sendo un centro no que se reciben,
almacenan e valoran os residuos domésticos que non teñen saída a través da
recollida diaria.
En ningún caso se
trata dun vertedoiro, senón dun lugar para almacenar temporalmente os residuos
ata entregalos a xestores autorizados.
O Concello de Meaño
conta cun Punto Limpio no que se realizan as accións descritas no párrafo
anterior, pero non conta cun regulamento no que se establezan todas as
variables determinantes nesta actividade.
Ante a falta dunha
normativa que regule esta situación, o noso concello está a sufrir, ano tras
ano, a creación de vertedoiros descontrolados, como a que sucede nos montes, e
que traen consigo a contaminación do medio ambiente.
Ademais, reiteramos
a necesidade de sensibilizar aos cidadáns respecto da separación e recuperación
dos residuos e proporcionarlle aos veciños un medio para eliminar os que
representen un perigo para o medio, como aceites, pinturas, fluorescentes,
radiografías, etc.
O impacto desta
contaminación, como acabamos de dicir, está a ser tan elevada e perxudicial
que, xa en plenos pasados, acordouse instar á Xunta para realizar a limpeza da
ría a través dunha moción presentada por este partido.
Dito isto, é
necesario que se aprobe un regulamento municipal no que se especifique o
seguinte:
- Horario.
- - Obxetivos fundamentais do Punto Limpo
- - Usuarios do Punto Limpo
- - Servizos que prestará o Punto Limpo
- - Tipoloxía dos residuos admisibles no Punto Limpo
(tales como, residuos especiais, residuos municipais e asimilables e
outros residuos)
- - Determinación do xestor autorizado
- - Descrición do responsable ou responsables da
instalación
- - Determinación do control do Punto Limpo
- - Rexistro
- - Funcionamento e xestión
De acordo con todo o anterior, sómetese
á consideración do Pleno da Corporación á aprobación seguinte;
1.
CREACIÓN DUN
REGULAMENTO DE EXPLOTACIÓN DO PUNTO LIMPO DO CONCELLO DE MEAÑO
En Meaño, a 3 de abril do 2017