Se estás interesado en participar no Programa de Asistencia Diaria a Balnearios, durante 5 días consecutivos, ou no Programa Termal de Pernotación; estás empadroado na provincia de Pontevedra; e non padeces enfermidades incompatibles coas actividades do Plan e cumples algún dos seguintes requisitos:
-Ter nacido antes de 1966, para o que se achegará o DNI.
-Ser pensionista, circunstancia que se acreditará coa fotocopia do certificado correspondente.
-Precisar dun respiro familiar, que se xustificará cun informe da Traballadora Social dos Servizos Sociais.
Se desexan acudir parellas, os dous membros deben cumplir os requisitos.
Se queres ler máis sobre as condicións podes facelo pinchando aquí.
Na páxina web do Concello sinalan que o prazo de presentación de solicitudes vai desde o 14 de xuño ao 10 de xullo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario