09 junio 2016

Doazón de sangue.


O próximo xoves 16 de xuño, a Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará diante da Casa do Concello en Meaño, para que poidades achegarvos a doar sangue.

A Unidade permanecerá en Meaño entre as 10:00 e as 14:00 horas e as 16:00 e as 21:00 horas.

Sexamos solidarios!!!

Depotermal 2016



Se estás interesado en participar no Programa de Asistencia Diaria a Balnearios, durante 5 días consecutivos, ou no Programa Termal de Pernotación; estás empadroado na provincia de Pontevedra; e non padeces enfermidades incompatibles coas actividades do Plan e cumples algún dos seguintes requisitos:

-Ter nacido antes de 1966, para o que se achegará o DNI.
-Ser pensionista, circunstancia que se acreditará coa fotocopia do certificado correspondente.
-Precisar dun respiro familiar, que se xustificará cun informe da Traballadora Social dos Servizos Sociais.

Se desexan acudir parellas, os dous membros deben cumplir os requisitos.

Se queres ler máis sobre as condicións podes facelo pinchando aquí.

Na páxina web do Concello sinalan que o prazo de presentación de solicitudes vai desde o 14 de xuño ao 10 de xullo.

Programa de Turismo Social do IMSERSO 2016-2017



O Instituto de Maiores e Servicios Sociais (IMSERSO) organiza distintos tipos de viaxes a zonas costeiras e do interior de España.


Poden participar os residentes en España, que cumplan un dos seguintes requisitos:

-Pensionista do Sistema Público Español.
-Pensionista de viudedade, con 55 anos cumplidos.
-Pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desempleo e tes 60 anos cumplidos.
-Ou es titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumplidos.

Podedes ver os servizos que ofrecen e a previsión de prezos, ademais da solicitude, pinchando no enlace.

Se o que vos interesa é conseguir unha información máis completa, podedes consultar o programa aquí.

Respetade os prazos.





Campamentos de verán


Desde o 6 ata o 17 de xuño, as persoas interesadas podedes solicitar praza nos campamentos, que organiza o Concello de Meaño.

Pode consultar os requisitos, datas, costes, documentación a achegar... nos enlaces, que seguen:

-Meniñadas, para nen@s entre 4 e 6 anos.

-Brincadeira, para nen@s entre 7 e 16 anos.

ITV en Xil.


O 16 de xuño de 2016, estará a Unidade Móbil da ITV de Pontevedra no adro de Xil, para ciclomotores, motocicletas e quads, en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas.

Podedes solicitar cita previa na páxina web www.sycitv.com ou no número de teléfono 902.309.000

Fogueiras de San Xoán e San Pedro.


Non esquezades solicitar o voso permiso para realizar as Fogueiras.

Atoparedes toda a información no seguinte enlace.

Boa festa a tod@s!!!

Tala de árbores.



As persoas interesadas en solicitar permisos para a tala de árbores, poderán facelo nas datas e lugares que se recollen no enlace anterior.

Eventos.


A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), dentro do Programa Cultura no Camiño, anuncia o espectáculo musical infantil BRINCA VAI!, con Paco Nogueiras.

Será o próximo día 10 de xuño, ás 17:30 horas, na Praza do Concello, en Meaño.


Ademais, dentro de Cultura no Camiño, o domingo 12 de xuño, ás 19 horas, no Centro Social de Dena, terá lugar o espectáculo de maxia LAFAYETTE SHOW con Cayetano Lledó.


Non perdades esta oportunidade de desfrutar da cultura!!!