PETICIÓN
DE DOCUMENTACIÓN
Dona Icía García
Fernández, na súa condición de Voceira do Grupo Municipal
Socialista no Concello de Meaño comparece e como mellor en Dereito
proceda DI:
Que de conformidade co
artigo 226 da vixente Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración
Local de Galicia, os Grupos políticos que compoñen a Corporación
Municipal teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente da Comisión
de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións consten en
poder dos servicios da Corporación Municipal e lles cumpran para o
desenvolvemento das súas funcións.
Que o asinante precisa da
seguinte documentación:
A semana pasada publicouse
nos medios de comunicación un convenio no que se financia o comedor
a familias en risco de exclusión.
Por todo o anteriormente
exposto, SOLICITO:
Solicito do Servizo de
Asuntos Sociais do Concello de Meaño copia do convenio do Concello
coa Fundación “Educo”.
En Meaño, a 27 de abril de
2015
Asdo. Icía García
Fernández
Voceira do Grupo Municipal
Socialista