PETICIÓN DE DOCUMENTACIÓN
Dona Icía García Fernández, na súa condición de Voceira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Meaño comparece e como mellor en Dereito proceda DI:
Que de conformidade co artigo 226 da vixente Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os Grupos políticos que compoñen a Corporación Municipal teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións consten en poder dos servicios da Corporación Municipal e lles cumpran para o desenvolvemento das súas funcións.
Que o asinante precisa da seguinte documentación:
No lugar de A Baiuca, Padrenda, existe dende fai varios anos unha fonte pública, á que se lle fai anualmente unha análise para confirmar a súa potabilidade.
Por todo o anteriormente exposto, SOLICITO:
Informe da Secretaría de Intervención, ou no seu caso, do concelleiro responsable, sobre os trámites que se fixeron para a instalación da fonte, así como copia dos permisos.
En Meaño, a 18 de marzo de 2016
Asdo. Icía García Fernández
Voceira do Grupo Municipal Socialista
SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO
No hay comentarios:
Publicar un comentario